O FACHO: O proceso de normalización da lingua galega, por CELIA MARÍA ARMAS GARCÍA

30-03-2024

O FACHO: O proceso de normalización da lingua galega, por CELIA MARÍA ARMAS GARCÍA

Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2024.
O vindeiro dia 2 de abril a profesora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título:
'O proceso de normalización da lingua galega'
Data: 2 de abril, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Celia María Armas García é Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela sendo profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario desde o ano 2000. É membro da Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 2015 e é a súa Secretaria Xeral desde o 2017, ano en que tamén asume a dirección de Abertos ao Galego, a iniciativa da Mesa especialmente dirixida ao mundo empresarial. Foi membro do consello de Administración de Nós diario entre os anos 2018 e 2023 e desde o 2022 é a secretaria comarcal da CIG-Ensino da Coruña. Ademais de publicar artigos en prensa é coautora de varios volumes de investigación sociolingüística (Sobre o racismo lingüístico) e literaria (Escrita e mulleres, No tempo de Follas Novas?) e autora de As mulleres escritoras, 1860-1870. O xenio de Rosalía.

Na palestra farase un percorrido pola historia da normalización da lingua galega até chegar a una análise da súa situación actual

Atentamente,
Agrupación Cultural O Facho
CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña

O FACHO: Entorno a unha lenda: o Castelo de Teodomiro", por ANTON F. MALDE

05-03-2024

O FACHO: Entorno a unha lenda: o Castelo de Teodomiro", por ANTON F. MALDE

Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.
O vindeiro dia 5 de marzo o arqueólogo e investigador Antón Fernández Malde, impartirá unha palestra co título:
Entorno a unha lenda: o Castelo de Teodomiro

Data: 5 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Antón F. Malde foi presidente da AC O Facho. Nos anos 80 deu a coñecer a riqueza patrimonial do Monte do Gato que segue a sorprender coa aparición do chamado Castelo de Teodomiro, coa aplicación das modernas técnicas de detección, nun contexto arqueolóxico moi interesante e pouco coñecido.
Ten sido o director das intervencións arqueolóxicas na Pena Furada, Torre dos Mouros ou nos Castros das Travesas e Mallou (entre outros) onde a participación pública e a divulgación foron esenciais.

Para escoitar, clica de seguido
https://archive.org/download/anton-malde/Anton-Malde.mp3

Atentamente,
Agrupación Cultural O Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña

Full story »

Presentación da obra gañadora do Concurso de Poesía O Facho 2023

05-03-2024

Presentación da obra gañadora do Concurso de Poesía O Facho 2023

Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.
A Agrupación Cultural O Facho e Medulia Editorial presentan a obra gañadora do Concurso de Poesía O Facho 2023 cuxo autor é o lucense-venezolano Simón Rodríguez Landaeta.

O xurado estivo composto por: Xulio L. Valcárcel, Fernando Díaz-Castroverde e Henrique Sánchez.

O xurado valorou a súa transparencia e interese pola comunicación, a temática do retornado con isotopías que desenvolve á maneira de crebacabezas, non exentas de pinceladas impresionistas con recendos ecolóxicos, baseadas na tradición, nos valores dos antergos e resoltas con fermosas imaxes.

Clicando aquí podedes escoitar a presentación
https://archive.org/download/premio-poesia/Premio-Poes%C3%ADa.mp3

Data: Martes 20 de febreiro
Hora: 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras, rúa Sinagoga 22, A Coruña

Full story »

CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

05-03-2024

CONCURSO DE POESÍA CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

A Agrupación Cultural O FACHO convoca o Concurso de Poesía O Facho 2024, que se rexerá polas seguintes bases:

1º) Ao premio de poesía de O Facho poderá concorrer calquera persoa até os 35 anos de idade e sempre que non publicase ningún libro individual de poesía e a obra sexa inédita e non fose premiada con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.
A obra presentada debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e cun máximo de unha obra por autor. É responsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado ?libro?. Xa que logo, recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.

2º) Os orixinais para o Concurso enviaranse por triplicado debidamente encadernados, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara ao:

· Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña.

Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.

3º) Estabelécese como premio único a edición pola Editorial MEDULIA da obra premiada. O Facho fará a entrega ao/à autor/a dun máximo de 15 exemplares.

4º) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2024 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.

5º) Os gañadores serán elixidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. Devandito xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.

6º) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e resolverá aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación. Así mesmo, o xurado escollerá de entre os traballos presentados un único libro. Ademais, poderá deixar constancia na acta outros títulos que considere merecedores de ser publicados, non significando isto ningún compromiso por parte de O Facho. Non se fará referencia na acta ao nome dos autores ou autoras dos libros mencionados.

7º) O Facho disporía
do prazo de un ano para editar o libro. Transcorrido ese tempo, o autor ou autora poderá dispor da obra coa única condición de que deberá deixar constancia do galardón en sucesivas edicións do libro.

8º) A participación neste Certame implica asumir as súas bases.

9º) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.

10º) Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios de comunicación.

Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 31 de xaneiro de 2024

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL 2024 CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

05-03-2024

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL 2024 CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que ?teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos?, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes bases:
1º) Poderá optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrición, sempre que a obra sexa inédita e escrita en lingua galega, -en calquera norma ortográfica (AGAL, PADRÓN, RAG)- non representada, nin premiada noutros certames.
2º) Estabelécese un premio único de 500 ?.
3º) A obra, que non poderá exceder os 80 folios, será presentada por triplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara.
4º) Os orixinais para o Concurso enviaranse por correo á:
-
Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña.
Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.
5º) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2024 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.
6º) Os gañadores serán elixidos por un xurado nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. Devandito xurado está composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral galego.
7º) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.
8º) A participación neste Certame implica asumir as bases deste.
9º) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.
Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios.


Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 31 de xaneiro de 2024

O Facho: "Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria?" por María do Carme García Negro

10-02-2024

O Facho: "Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria?" por María do Carme García Negro

Benqueridos amigos e amigas: Dende a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do acto a seguir dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.
O vindeiro día 9 de febreiro a economista, escritora e profesora galega María do Carme García-Negro impartirá unha palestra co título
Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria?

Data: 9 de febreiro, venres
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

María do Carme García Negro é Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

No presente, tanto nos momentos electorais como nos tempos cotiáns, a presenza das propostas económicas domina os temas de discusión na vida social e así mesmo nas propostas políticas. Un tema que aparece a cada pouco é a necesidade e/ou a presenza desexada da industria e desde esa perspectiva analizaremos o seu papel na economía galega.

Agrupación Cultural O Facho

Clicando aquí podedes escoitar a palestra da profesora María do Carme García Negro
https://archive.org/download/maria-do-carmo-garcia-negro/Mar%C3%ADa-do-Carmo-Garc%C3%ADa-Negro.mp3

Full story »

O FACHO: A situación actual do ensino público en Galiza, por SUSO BERMELLO

29-01-2024

Benqueridos amigos/as: Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.

O vindeiro dia 30 de xaneiro o profesor de Historia e secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, impartirá unha palestra sobre A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO PÚBLICO EN GALIZA

Data: 30 de xaneiro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Suso Bermello (A Coruña, 1965) é profesor de historia no IES Agra de Leborís da Laracha a onde chegou despois de moitos anos como mestre no ensino primario. É o secretario nacional da CIG-Ensino desde o ano 2017. A organización sindical que representa leva sendo a maioritaria entre o profesorado galego desde hai máis de trinta anos, tendo acadado os seus mellores resultados nas últimas eleccións sindicais, as do 2022, onde con case 10000 votos, obtivo 8 representantes dos 15 que se sentan na mesa sectorial onde se negocia coa Consellería de Educación.

Para escoitar, clica de seguido:
https://archive.org/download/suso-bermello_202403/Suso-Bermello.mp3

Atentamente,
Agrupación Cultural O Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña

O FACHO: O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE: ESTADO DA CUESTIÓN, por Felipe Senén

15-01-2024

O FACHO: O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE: ESTADO DA CUESTIÓN, por Felipe Senén

Desde a Agrupación Cultural O`Facho lembramos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.
O vindeiro dia 16 de xaneiro o arqueólogo, historiador e museólogo Felipe Senén López impartirá unha palestra sobre:

?O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE: ESTADO DA CUESTIÓN.

Para escoitar clique de seguido: https://archive.org/download/felipe-senen_202401/Felipe_Senen.mp3

Data: 16 de xaneiro, martes

Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

Atentamente,
Agrupación Cultural O Facho. CIF G-15037021
Apartado de Correos nº 46 O.P. A Coruña

O FACHO: 60 ANIVERSARIO

19-12-2023

?O FACHO
60 ANIVERSARIO?

A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convida a vostede a asistir á celebración do seu LX Aniversario.

O vindeiro martes 19 de decembro a Agrupación Cultural O Facho celebrará o seu 60 aniversario (1963-2023), acto para o cal contará coa presenza de:

· Xulio L. Valcárcel, poeta e ex-presidente d?O Facho.
· Manuel Lourenzo, dramaturgo e fundador do Grupo de Teatro d?O Facho.
· Miro Casabella, músico, compositor e estudoso da música tradicional, que interpretará algunhas pezas do seu repertorio.

Data: 19 de decembro, martes
Hora : ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña
Para escoitar, clica de seguido:
https://archive.org/download/60-aniversario-mp-3cut.net-1/60_aniversario%20%28mp3cut.net%29%20%281%29.mp3

O acto pecharase cun brinde de confraternización polos 60 anos da agrupación acompañado dalgún petisco.


A Coruña, 14 de decembro de 2023
Agrupación Cultural O Facho

?O FACHO 60 ANIVERSARIO?

19-12-2023

?O FACHO 60 ANIVERSARIO?

?O FACHO
60 ANIVERSARIO?

A Agrupación Cultural O Facho da Coruña convida a vostede a asistir á celebración do seu LX Aniversario.

O vindeiro martes 19 de decembro a Agrupación Cultural O Facho celebrará o seu 60 aniversario (1963-2023), acto para o cal contará coa presenza de:

· Xulio L. Valcárcel, poeta e ex-presidente d?O Facho.
· Manuel Lourenzo, dramaturgo e fundador do Grupo de Teatro d?O Facho.
· Miro Casabella, músico, compositor e estudoso da música tradicional, que interpretará algunhas pezas do seu repertorio.

Data: 19 de decembro, martes
Hora : ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña

O acto pecharase cun brinde de confraternización polos 60 anos da agrupación acompañado dalgún petisco.


A Coruña, 14 de decembro de 2023
Agrupación Cultural O Facho

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 61 >>

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho existe desde o ano 1963. Nasce da vontade conjunta de umha vintena de estudantes, trabalhadores e profissionais liberais d?A Corunha. A ideia é originaria dos daquela hora estudantes de bacharelato, Henrique Harguindey, André Salgueiro, e Xosé Luis Carneiro; respondendo ao seu chamamento posteriormente somárom-se entre outros: Eduardo Martínez, Henrique Iglesias, X. Alberte Corral, Xosé L. Rodríguez, etc... É a primeira agrupaçom de resistência cultural criada numha cidade do Pais polos seus cidadaos, já que O Galo é conformada por estudantes universitários de todo o Pais em Compostela, naquelas datas era a única cidade galega com Universidade. O grupo nasceu cos sinais de identidade da resistência contra o franquismo e da defesa da plena valia da língua e da cultura galega. Existia unha claríssima vocaçom política do que se fazia precisamente porque essa era toda a actividade publica com repercussons políticas que se podia fazer. A defesa da cultura e a língua galega é a cerna do que-fazer d?O Facho, que passou de fazer cultura de resistência nos anos da longa noite de pedra a se constituir hoje numha autentica mostra de resistência da cultura. Desde os primeiros momentos O Facho destaca-se com os seus cursos de língua com apoio de alguns exemplares da ?Gramática do idioma galego? de Manuel Lugrís Freire. Estes cursos tivérom umha importância mui grande na Corunha;. Daquela o galego nom se escrevia apenas e estava expulso da sociedade ?bem pensante?, nem sequer tinha secçom galego a faculdade de Filologia de Compostela. Umha das figuras fundamentais dos cursos foi D. Leandro Carré Alvarellos quem dirigiu esta actividade. Os ciclos dedicados á cultura galega, os encontros nos que se tratava economia e sociedade, os concursos literários. O seu grupo de teatro criado nas primeira datas de existência da Agrupaçom do quem eram responsáveis Manuel Lourenzo, e Francisco Pillado, foi dos pioneiros em representar obras no nosso idioma, tanto de autores galegos como de outras nacionalidades ( Brecht, Ionesco...). Na actualidade, O Facho é consciente dos desafio culturais do século XXI. Agora há que tentar ver o significado que pode ter hoje o sermos galegos num mundo globalizado. A ideia básica é que sermos galegos agora implica ser dumha maneira concreta numha sociedade mundial. Entre as iniciativas mais recentes é a criaçom do Facho de Ouro, um prémio para reivindicar galegos, o que amossa a própria agrupaçom é unha cultura que resiste. d’A Corunha.
+ info

Agrupaçom Cultural O Facho
Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal da Coruña
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br

Busca

  Feeds XML

Ferramentas de administraçom

powered by b2evolution