II Concurso de Fotografía lgbt Aturuxo

II Concurso de Fotografía lgbt Aturuxo

13-05-2008

Bases do concurso aqui:

II Concurso de Fotografía lgbt Aturuxo

BASES
PARTICIPANTES
Poderán concorrer todas as persoas nadas ou residentes en Galiza e que sexan maiores de 16 anos en data 31 de decembro de 2008.


TEMÁTICA

2? O tema será: Existo, por que non me ves? Muller, lésbica, visibel


OBRAS

3? Cada autor/a poderá concursar cunha soa obra de fundamento fotográfico realizada en calquera tipo de técnica e soporte.


4? As medidas non superarán os 80 x 80 centímetros.


Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as fotografías sobre a documentación achegada.


Nesta fase non se achegarán obras orixinais.


PRESENTACIÓN

5? Deberase presentar, antes das 13:00 horas do luns 2 de xuño de 2008, a seguinte documentación:


a? Fotocopia do DNI

b? Declaración de residencia (só no caso de que no DNI figure un lugar de nacemento ou enderezo de fóra de Galiza)

c? Enderezo postal, correo electrónico e teléfonos de contacto

d? Nome artístico ou pseudónimo co que desexa figurar nos elementos sinalécticos e demais referencias

e? Unha reprodución, ou varias se se estima necesario, da obra que se presenta nun CD indicando a posición

f? Ficha técnica completa da obra (título, data de realización, técnica e medidas)

g? Texto explicativo da peza presentada

h? Valoración económica da obra para os efectos de seguro


A documentación deberase presentar directamente ou por correo no seguinte enderezo:


Centro Quérote (Concurso lgbt Aturuxo)

Casa da Xuventude

Praza do Matadoiro s/n

15703 Santiago de Compostela


De toda a documentación que se esixe debe acompañarse unha copia impresa en papel.


Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada.



SELECCIÓN

6? Unha vez recibida a documentación, o xurado fará a selección. Os Colectivos lgbt Aturuxo poranse en contacto cos artistas seleccionados para indicarlles o período de recepción das obras orixinais, que non serán aceptadas nin antes nin despois desa data.


CONDICIÓNS

7? Os gastos de produción / enmarcado (se é necesario) das fotografías, o embalaxe e o transporte de ida e volta correrán por conta de quen participe e poderanse enviar por calquera medio de transporte ou depositalas e/ou recollelas persoalmente no enderezo sinalado.


8? As obras seleccionadas poderán ser vistas no Centro Quérote (Concurso lgbt Aturuxo), Casa da Xuventude, praza do Matadoiro s/n, 15703-Santiago de Compostela, nas datas que se indicarán, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.


9?Os organizadores non se farán responsábeis, unha vez finalizada a exposición e en data previamente acordada, da conservación das obras non retiradas.


10? En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos necesarios para a súa correcta exposición. Emitirase unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia na Casa da Xuventude, non facéndose responsábel de posíbeis riscos durante o transporte.


EXPOSICIÓN PÚBLICA

11? Todas as obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará nos meses de xuño/xullo (datas por determinar) na Casa da Xuventude de Santiago de Compostela.



XURADO

12? O Xurado estará composto por:

? Silvia Díaz Iglesias. Poeta.

? Un representante do centro de asesoramento afectivo-sexual Quérote

? Alfredo Saborido Pérez, Secretario da ATURUXO, federación de asociacións lgbt de galiza.

- O director xeral de Xuventude, Igualdade e Benestar Social ou persoa en quen delegue

? O concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela ou persoa en quen delegue


Os colectivos lgbt Aturuxo resérvanse o dereito de substituír algún/unha dos/as compoñentes do xurado en caso de que algún/unha deles/as non puidese asistir ás deliberacións.


A resolución final do xurado farase pública no acto inaugural da mostra.


13? Os premios serán os seguintes:

-Un primeiro premio dotado con 1.000 euros.

-Dous segundos premios dotados con 500 euros cada un.

-Dous accésits dotados con 200 euros cada un.


Os premios quedan sometidos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas de acordo coa lexislación vixente.


14? De entre as fotografías que formarán parte da exposición o xurado fará unha selección para reproducir e amosar en mupis (backlights publicitarios do mobiliario urbano) da cidade de Santiago de Compostela.


A decisión do xurado será tomada por maioría e é inapelábel.


15? Concursar supón autorizar a citación do nome artístico así como a reprodución gráfica da fotografía presentada para calquera tipo de difusión ou publicación que os Colectivos lgbt Aturuxo consideren oportuno facer.


16? A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases e a conformidade co fallo do xurado.


A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que supoñan melloras que lle afecten directamente ao éxito do certame.

A interpretación das bases é cometido exclusivo do xurado.


Máis información no seguinte enderezo electrónico:

federacionaturuxo@hotmail.com

Escrito ?s 10:12:28 nas castegorias: Actividades
por LGTB   , 863 palavras, 577 visualizaçonsChuza!

Sem comentários ainda

    Setembro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30            

    Busca

multiple blogs