A horta é o único caminho

A horta é o único caminho

16-03-2009

A Esmorga Blogue - Já estão aquí as III Jornadas de Agroecologia de Ourense que se vão celebrar de 24 a 30 de março, organizadas por A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia.

O programa vem cheinho de cousas verdes:

Continua:

  • Martes 24 de marzo: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.
  • Mércores 25 de marzo: Como facer a miña vivenda e pasar da crise? Obradoiro de Bioconstrución/Autoconstrución: O obradoiro pretende dar a coñecer unha forma de traballar para construír a nosa propia casa utilizando, ademais, criterios respectuosos co medio ambiente e tratando de aproveitar os recursos naturais ao máximo. Participan: Pilar Penin, Eloi Dávila, Lhosca Arias e Analía Moares. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:00 horas.
  • Xoves 26 de marzo: Comedores escolares saudables e ecolóxicos. Alimentarse con produtos ecolóxicos e de comercio xusto é posible nos comedores colectivos dos colexios de Ourense, ven a coñecer como!! Participan: Representantes da ANPA, Representantes de Centros de Ensino e “O Grelo Verde” Lugar: C.E.I.P. Filomena Dato (A Valenzá), Salón de Actos, ás 20:00 horas.
  • Venres 27 de marzo: Asemblea Rede de Consumo Consciente. A Rede Galega de Consumo Responsábel asocia a cooperativas e asociacións que traballan pola agricultura ecolóxica e o comercio xusto. Pretende organizar e sensibilizar á sociedade galega sobre a importancia dun consumo responsable, promover relacións comerciais xustas entre produtoras e consumidoras, a participación directa, democrática, colectiva e responsábel das persoas no consumo, o desenvolvemento rural e local, o aforro enerxético e o respecto á natureza nos procesos de produción e consumo. Participan: Colectivos da rede galega de Consumo Consciente. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 17:00 horas

    Consumo responsable en tempos de crise. Debate. Onde e como se producen os alimentos que consumimos? Somos conscientes da responsabilidade individual ante a crise alimentaria global? Estas e outras preguntas están na base das novas propostas de consumo responsable, que serán analizadas nesta sesión. Reflexionaremos sobre o poder transformador destas experiencias. Participan: Carme Freire. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tom Kucharz. Area de agroecoloxía e Soberanía alimentaria de Ecoloxistas en Acción. Lugar: Biblioteca Pública, rúa Concello 11, ás 20:00 horas

  • Sábado 28 de Marzo: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: No Local social da AA. VV. O Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas

    Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical e o Contacontos Carlos Blanco, colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Teatro Xesteira, rúa da Concordia, ás 22:00 horas. Prezo: 5€

  • Domingo 29 de Marzo: Como facer a miña horta ecolóxica? Realizaremos unha excursión para coñecer as hortas ecolóxicas e a casa de bioconstrución de Pilar, Eloi e Estreliña, agricultoras de Semente no lugar de Reboreda (Porqueira). Cómpre levar comida para compartir entre todas as persoas que fagamos a visita, e reservar praza a través do email info@agrourense.info ou ben no telefono: 637748859 antes do venres 27 de marzo, Lugar: Reboreda (Porqueira), de 10:00 a 20:00 horas
  • Luns 30 de marzo: Plantas que curan na botica da aboa. As herbas medicinais en Allariz, unha historia de recuperación e empoderamento feminino. O que saben as mulleres e nos queren contar. Participan: Benita e Delia da AA VV de Nanain e Ana Pérez, do concello de Allariz. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 20:00 horas

Tamén dentro das Xornadas de Agroecoloxía colabora o alumnado da Escola de Arte Antonio Faílde que viran de preparar unha exposición fotográfica sobre a temática da agroecoloxía e que se presentará no mes de maio en diferentes salas de exposición da cidade de Ourense.

Para calquera consulta, podedes contactar con nós en informacion@agrourense.info

Escrito às 12:48:39 nas castegorias: Jornadas
por A Esmorga Email , 702 palavras, 862 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!

1 comentário

Comentário de: Hortigueiro [Visitante]
Que guapo programa!!!

Menos moquetas e mais desbroçar!!!
16-03-2009 @ 13:34

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
    A Esmorga somos cada vez mais pessoas que apostamos pelo activismo social e cultural comprometido com a realidade em que vivemos.

    Trabalhamos para promover a língua e a cultura galegas, a sensibilidade para com o meio ambiente e a solidariedade entre as pessoas e os povos.

    Torna-te esmorgan@

    O entusiasmo, o espírito positivo, o empenho e a diversão são as nossas ferramentas de trabalho para construir tijolo a tijolo um mundo mais justo e agradável para tod@s.

    A porta da Esmorga está aberta para qualquer pessoa que queira conhecer-nos ou mergulhar neste projecto.

    ASSOCIA-TE!Torna-te esmorgan@
    Inscrição on-line



    http://aesmorga.agal-gz.org

    aesmorga[arroba]agal-gz.org

    Facebook esmorgano Flickr esmorgano Calendário esmorgano

    mais webs esmorganas

    Jornadas de Agroecologia Jornadas de Saúde Jornadas de Língua Jornadas de História da Galiza

    Outras ligações

    Turismo de Ourense

    Estatísticas Blogue



    Maio 2012
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31      

    Busca

    Ligações

    Aguilhoar - Ginzo de Límia
    Arrincadeira - O Ribeiro
    Fundaçom Artábria - Ferrol
    Aturujo - Local Social - Boiro
    Baiuca Vermelha - Ponte Areias
    A Cova dos Ratos - Vigo
    Local Social Faísca - Vigo
    Gentalha do Pichel - Compostela
    C.S. Gomes Gaioso - Corunha
    Henriqueta Outeiro - Compostela
    Mádia Leva - Lugo
    Revira - Ponte Vedra
    A Revolta - Vigo
    C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia
    Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho
    A Tiradoura - Reboredo (Cangas)
    Kolektivo O Guindastre

    Portal Galego da Língua
    Planeta NH
    Dicionário Estraviz Electrónico
    Fórum PGL
    Movimento Defesa da Língua
    Movimento Social Ourensano
powered by b2evolution free blog software