A Esmorga Blogue -
Houbo un tempo no que o Ourense real e o Ourense imaxinario estaban cheos de grandes figuras. Pola Bela Auria camiñaban Otero, Risco, Ferro Couselo e outros; polas súas páxinas andaban a marear don Celidonio, os celtas, lendas e ideas chegadas de toda Europa. Aquela era a Atenas de Galicia, unha vila de CIDADÁNS e non soamente de habitantes.
Com estas palavras começa a descrição da festa A Bela Auria que terá lugar este domingo, 30 de Maio na nossa cidade e na que vai participar A Esmorga.
A Bela Auria é o nome que Otero Pedrayo empregaba para referirse á cidade de Ourense. Nel condénsase o que calquera ourensán xa sabe: que a súa cidade é bela, unha das máis fermosas de Galicia, e que é de ouro pola súa historia e pola súa tradición cultural. Ourense é unha cidade de homes e mulleres da cultura, tanto, polo menos, como o é de afiadores e paragüeiros. Isto é máis nítido a finais do XIX e a principios do XX que en ningún outro momento da nosa historia. Non en van, boa parte da identidade da cidade xérase nestes anos. É o Ourense clásico, un Ourense de cidadáns. Unha cidade onde para poder ser ourensán debías exercer culturalmente como tal, un Ourense que se pretende recuperar con esta iniciativa.
Preparai-vos para voltar no tempo à extraordinária e formosa dinâmica do Ourense do primeiro terço do século XX, umas décadas caracterizadas pola enorme vida cultural protagonizada polos membros da geração Nós e outras grandes e pequenas gentes que enchiam as ruas da nossa cidade. A Bela Auria é vida, é cultura, é a lembrança da nossa herdança e uma promesa. A promesa de, não só continuar a espalhar, senão fomentar a criatividade duma cultura galega universalista e sem complexos, e trabalhar por melhorar a qualidade de vida no nosso burgo.
Dentro do grande plano de actividades preparadas pola organização da festa e outras muitas associações, agrupações e instituições, A Esmorga vai animar-vos a ler co...
Obradoiro de Animación á lectura
Dá igual idade, sexo ou religião! A Esmorga quere convidar a ler a menin@s e velh@s numa fantástica viagem iniciada coa bibliocicleta da mão do conta-contos Raúl Pinheiro às 19h no Posio.
Escrito ?s 22:07:30 nas castegorias: Actividades
|
|