Os perigos do provincianismo

Os perigos do provincianismo

01-06-2009

Reproduzimos artigo originariamente publicado na web matarpormatarnon.org a respeito do projecto de fábrica de avions nom tripulados na qual está envolvido o concelho limiao de Trasmiras.

Unha vez mais o provincianismo e os intereses persoais, están a se impor no anuncio de un suposto grande proxecto para a comarca da Limia. A cacarexada fábrica de avións non tripulados.

Como sempre a razón que xustifica e esixe apoio para calquera falcatruada, son os “postos de traballo”. Postos de traballo que quen nos administra non soubo (ou non quixo) crear dentro da actividade tradicional da comarca (desta e doutras como Carballeda de Avia) e agora pretenden comprar os veciños coa posibilidade de teren onde gañar o sustento nun emprego. Aínda que sexa envelenado.

Non sabemos si os previstos 7.000 postos de traballo serán para técnicos de fora ou para labregos da Limia reconvertidos en fabricantes de avións.

Tampouco se abre un debate serio e adulto, no que expoñan os pros e os contras deste proxecto, como pode ser a súa compatibilidade co medio de vida tradicional da comarca, os espacios naturais como o recentemente recoñecido pola UNESCO Parque do Xurés. Os inconvenientes de ter avións a reacción sobrevoando o día enteiro a comarca, as destrucción de unha inmensa área da Limia con unha pista de 5 quilómetros de longo, así como outros factores de enorme importancia, como poden ser:

_ Fabricar na nosa comarca unha arma de guerra que está sendo utilizada en Pakistán con enormes danos “colaterais”, conforme vemos a diario nos xornais. Arma que por outra bando é das mais covardes, porque mata sen que o autor se arrisque en nada.
Arma que tamén utilizan os israelís para matar palestinos.

_ Unha industria que transformaría a Ourense e a toda Galicia, en obxectivo prioritario en caso de conflicto por ser unha fábrica de armas das mais letais.

_Todo sen desbotar a posibilidade de que calquera movemento terrorista teña as instalacións como obxectivo xa que nelas se pretende que teñan representación a OTAN, a NASA, o exército americano, así como outros “pacifistas”.

_ Como consecuencia do anterior habería que considerar as previsibles limitacións de utilización do solo e do espazo aéreo, así como a vixilancia e intromisión na privacidade dos veciños, contaminación acústica e ambiental, etc.

Para aproveitar Trasmiras o interesante sería acadar a instalación de un club de voo de planadores, similar a o de Fuentemilanos (Segovia), con orografía parecida á de Xinzo, onde unha escola deste tipo ven tódolos anos, desde Alemaña, para practicar este belo e ecolóxico deporte en España.

Señores políticos, un pouco mais de seriedade, traten á xente como adultos, expliquen todo con transparencia, deixen que o pobo decida e sobre todo, non nos ceguen con milagres que agochan os seus intereses e non os dos veciños.

Mais información sobre o “monstro” (definido desa maneira pola prensa):

http://es.wikipedia.org/wiki/MQ-1_Predator

http://espacioseuropeos.com/?p=1894

http://blogs.20minutos.es/enguerra/post/2006/11/28/aviones-tripulados-nuevos-protagonistas-las-guerras

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/05/28/0003_7746963.htm

http://www.aviaciondigitalglobal.com/noticia.asp?NotId=10408&NotDesignId=4

Escrito às 13:53:36 nas castegorias: Associaçom
por aguilhoar Email , 546 palavras, 469 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!

Sem comentários ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
This is a captcha-picture. It is used to prevent mass-access by robots.

Please enter the characters from the image above. (case insensitive)

Array

    Solidariedade coas presas e presos políticos galegos

    PRESaS
    Aguilhoar.5 anos luitando!

    Nasce em 2005 como fruito das inquedanças da mocidade limiá mais consciente e da necessidade de criarmos um espaço onde topar um jeito distinto de formular a política, em sentido amplo, como um processo que envolve todos os aspectos da vida. Um espaço de libertaçom integral, umha posta em valor do nosso recuperando o que nos identifica como País.
    Dotamo-nos dum Centro Social, para os protagonistas sermos nós próprios, para a soberania ser construída de abaixo para cima, para criar espaços abertos de debate, convívio e discussom. Contacto: aguilhoar@hotmail.com

    Pikanha

    Ligaçons

    V Festival da Mocidade
    Local Social A Esmorga de Ourense

    Alto Minho - Lugo
    Fundaçom Artábria - Ferrol
    Aturujo - Local Social - Boiro
    Baiuca Vermelha - Ponte Areias
    Casa Encantada - Compostela
    A Cova dos Ratos - Vigo
    Local Social Faísca - Vigo
    Centro Social A Formiga - Redondela
    A Fouce de Ouro - Ames
    Gentalha do Pichel - Compostela
    C.S. Gomes Gaioso - Corunha
    Henriqueta Outeiro - Compostela
    Madialeva - Lugo
    Revira - Ponte Vedra
    A Revolta - Vigo
    C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia
    Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho
    A Tiradoura - Reboredo (Cangas)
    A Treu - Corunha
    Ver Mapa Centros Sociais Galiza










    Busca

    powered by b2evolution free blog software