MANI-FESTA-ACÇOM, 5 de dezembro em Ginzo
PASSA-RUAS REVINDICATIVO
Sob a legenda “CONTRA CONSTITUIÇOM ESPANHOLA. AUTODETERMINAÇOM” decorrerá polas ruas da vila limiá de Ginzo, pola primeira vez, um passa-ruas reivindicativo emarcado na campanha iniciada por CAUSA GALIZA, que tem como ponta de lança a reivindicaçom da autodeterminaçom na proximidade do 31º aniversário da nom-aprovaçom da Constituiçom espanhola no nosso país.
O acto partirá às 20h00 do Centro Social Aguilhoar, recorrendo as principias ruas de Ginzo, o próximo dia 5, sábado, de dezembro de 2009.
Animamos todos os galegos e galegas consciente da situaçom actual do País a somar esforços, tanto na campanha informativa que se está a desenvolver nestes momentos como nos actos projectados para a manifestaçom nacional do 6 de Dezembro em Compostela. Trabalhamos num presente de luita para construir um futuro nosso.
Avante Causa Galiza!
Avante a luita pola autodeterminaçom!
Viva Galiza ceive!
----------------------------------------------------------------
MANI-FESTA-ACCIÓN, 5 de decembro en Xinzo
PASA-RÚAS REIVINDICATIVO
So a lexenda “CONTRA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. AUTODETERMINACIÓN” decorrerá polas rúas da vila limiá de Xinzo, pola primeira vez, un pasa-rúas reivindicativo emarcado na campaña iniciada por CAUSA GALIZA, que ten como ponta de lanza a reivindicación da autodeterminación na proximidade do 31º aniversario da non-aprobación da Constitución española no noso país.
O acto partirá ás 20h00 do Centro Social Aguilhoar, recorrendo as principias rúas de Xinzo, o próximo día 5, sábado, de decembro de 2009.
Animamos todos os galegos e galegas consciente da situación actual do País a somar esforzos, tanto na campaña informativa que se está a desenvolver nestes momentos como nos actos proxectados para a manifestación nacional do 6 de Decembro en Compostela. Traballamos nun presente de luita para construír un futuro noso.
Avante Causa Galiza!
Avante a luita pola autodeterminación!
Viva Galiza ceibe!
Escrito às 16:59:11 nas castegorias: Política, Além-Minho e Galiza estremeira
|
|
Eis os ingredientes do magosto popular celebrado na Aguilhoar o passado sábado 14 de Novembro, cuja celebraçom juntou a um nutrido grupo de moças e moços.
Por volta das 19h00 começava a cegar o pessoal ao centro social para assistir à palestra ministrada por Xiana Gomes, militante independentista e ex – presa política, que falou sobre a sua experiência no cárcere, tanto como pessoa humana privada de liberdade quanto militante política, respondendo a cada umha das perguntas do pessoal assistente.
Ao remate da palestra, começarom a assarem-se os chouriços, que acompanhados do pam e o vinho, e de sobremesa castanhas, gostarom e muito. Enquanto, entre bocado e bocado o pessoal falava, de língua, história, independentismo… e mesmo alguns repetiram, no chouriço,é claro. O local da Aguilhoar ia-se lotando para o aguardado recitado, com a actuaçom de José Manuel Barbosa e Artur Alonso do Clube dos Poetas Vivos, e mais a actuaçom de dous limaos, o já conhecido e reconhecido jovem poeta Xabier Xil e Ana BanAna, que debutava na Aguilhoar com umha emotiva actuaçom com acompanhamento musical.
Após o recitado, com intercâmbio de temas como a situaçom da língua, caída do muro de Berlim, o machismo ou o amor, com um público entregado umha queimada com interpretaçom do Conjuro puxo-lhe fim à segunda ediçom do magosto popular organizado pola Aguilhoar. Obrigad@ a tod@s por assistir.
Escrito às 13:19:19 nas castegorias: Novas
|
|
O C.S.Aguilhoar estivo presente o pasado sábado na festa do Samain organzida en xinzo por diferentes colectivos locais e entre eles a nosa asociación con o intuito de rebitalizar este tradición, segundo a cal a noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas con a inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, con unha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posíbel que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.
O samain
A festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Estacións do ano celta
O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:
Samain, 1 de novembro, comezo do inverno, a estación sombría
Beltain, 1 de maio, o comezo do verán
Había outra celebración central, de equilibrio:
Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos
E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:
Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
Escrito às 19:21:26 nas castegorias: Centro Social
|
|