Verdegaia denuncia a celebración dunha batida de caza de porco bravo (Sus scrofa) nas areeiras de Sandiás, nunha zona declarada Refuxio de Fauna segundo contempla a orde anual pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2009-2010, amais de estar incluída na Zona Periférica de Protección (ZPP) da ZEPA "A Limia", declarada o pasado outono pola Consellaría de Medio Rural segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara zona de especial protección para as aves. A batida é a primeira medida que a administración vén de tomar no espazo protexido.
Escrito às 11:00:03 nas castegorias: Ecologia
|
|