CINCO IDEAS BÁSICAS PARA IR Á FOLGA XERAL DO 29-S

CINCO IDEAS BÁSICAS PARA IR Á FOLGA XERAL DO 29-S

27-09-2010

Da Aguilhoar publicamos o panfleto editado por Causa Galiza para a folga xeral do 29 de setembro, este material compleméntase con un "Manual de preguntas frecuentes sobre trabalho e autodeterminación" que sairá publicado o mesmo dia da folga para repartir pola nosa militancia nas comarcas do país.

CINCO IDEAS BÁSICAS

PARA IR Á FOLGA XERAL O DÍA 29

1. ESTE SISTEMA NON NOS SIRVE. As medidas antisociais polas que vamos á Folga Xeral son parte dun paquete máis amplo de agresións para empobrecer a clase traballadora galega e que paguemos co noso súor e os nosos petos a crise do Capital, mentras o Estado salva os bancos co diñeiro público. Xa non se trata só de frear os ataques actuais e os vindeiros –descenso geral de salarios, maior eventualidade, individualización da negociación colectiva, aumento da idade de xubilación, redución das pensións, privatización da sanidade, etc.-, senón de asumir que a meio prazo, baixo o sistema capitalista actual, o futuro dos traballadores e as traballadoras galegas é sinistro. Este sistema non nos sirve.

2. A FALTA DE SOBERANÍA AGRAVA O PROBLEMA. @s galeg@s non temos capacidade de decisión sobre o noso mercado laboral, a política económica e fiscal, a ordenación do territorio, a política energética, os transportes, etc. Os que pactaron a Constitución e os Estatutos na Transición ocupáronse de que o poder político real ficase en España. Así nos vai: Madrid imponnos reformas e lexislacións laborais, xoga cos nosos sectores productivos en Europa, espolia os nosos recursos e territorio e comprobamos como, sendo un país rico, temos altísimos índices de pobreza, precariedade, emigración, sinistralidade, pensións ridículas, etc., mentras se vende e destrue o noso territorio, se persegue a nosa lingua e se saquean os nosos recursos. Debe dicirse alto e claro: España é a nosa ruína!

3. NECESITAMOS CON URXENCIA UN MARCO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS (MGRL) como primeiro paso para defender as nosas condicións de vida e traballo e impedir o deterioro continuado que nos impón o Goberno español, a patronal e os sindicatos estatais. Que implicaría un MGRL? Implicaria liberarnos dos acordos marco que adoptan CEOE e os sindicatos estatais co beneplácito do Goberno español na negociación colectiva e nas políticas laborais. Cun MGRL, o sindicalismo galego tería un peso específico impensábel no actual marco estatal e redundaría nunha maior capacidade de presión e reivindicación da nosa clase sobre as instancias que deciden a política laboral.

4. CCOO E UGT, LACAIOS DO PODER. Os sindicatos españois non merecen a credibilidade da clase traballadora galega. A situación na que nos encontramos é fruto, en grande medida, da política de pactos e traicións que ambas corporacións practicaron desde os Pactos de la Moncloa e o Estatuto de los Trabajadores. CCOO e UGT comen na mán do poder español e da patronal e, aínda que convoquen á Folga Xeral para lavar a imaxe, son corresponsábeis do deterioro das nosas condicións de vida e de traballo. Romper co sindicalismo español é unha necesidade urxente.

5. A AUTODETERMINACIÓN INTERESA AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS GALEG@S. Haberá quen diga que iso da autodeterminación é “cousa de independentistas” e que nada ten que ver coa crise. Nós dicimos que mentres Galiza non teña soberanía, mentras dependa de España, mentras os nosos recursos e territorio non sexan nosos, as traballadoras e os traballadores galegos estaremos “vendidos”. Se non podemos decidir sobre o mercado laboral, sobre que queremos producir, cando e onde, se non temos poder para por freos a un Capital cada día máis selvaxe, que futuro nos espera? Iso é autodeterminación: poder de decisión sobre nós. Unha ferramenta imprescindíbel nun mundo onde todo o que afecta as nosas vidas se decide cada vez máis a centos ou miles de kilómetros de Galiza.

Escrito às 11:51:11 nas castegorias: Novas
por aguilhoar Email , 609 palavras, 431 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!

Sem comentários ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))

    Solidariedade coas presas e presos políticos galegos

    PRESaS
    Aguilhoar.5 anos luitando!

    Nasce em 2005 como fruito das inquedanças da mocidade limiá mais consciente e da necessidade de criarmos um espaço onde topar um jeito distinto de formular a política, em sentido amplo, como um processo que envolve todos os aspectos da vida. Um espaço de libertaçom integral, umha posta em valor do nosso recuperando o que nos identifica como País.
    Dotamo-nos dum Centro Social, para os protagonistas sermos nós próprios, para a soberania ser construída de abaixo para cima, para criar espaços abertos de debate, convívio e discussom. Contacto: aguilhoar@hotmail.com

    Pikanha

    Ligaçons

    V Festival da Mocidade
    Local Social A Esmorga de Ourense

    Alto Minho - Lugo
    Fundaçom Artábria - Ferrol
    Aturujo - Local Social - Boiro
    Baiuca Vermelha - Ponte Areias
    Casa Encantada - Compostela
    A Cova dos Ratos - Vigo
    Local Social Faísca - Vigo
    Centro Social A Formiga - Redondela
    A Fouce de Ouro - Ames
    Gentalha do Pichel - Compostela
    C.S. Gomes Gaioso - Corunha
    Henriqueta Outeiro - Compostela
    Madialeva - Lugo
    Revira - Ponte Vedra
    A Revolta - Vigo
    C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia
    Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho
    A Tiradoura - Reboredo (Cangas)
    A Treu - Corunha
    Ver Mapa Centros Sociais Galiza










    Busca

    powered by b2evolution free blog software