Arquivos para: Janeiro 2011

A.C. Traslasxás impulsiona ECOLIMIA TOUR

24-01-2011

A associaçom Traslasxás de Boado impulsiona umha iniciativa chamada “ECOLIMIA TOUR”, sob um dos eixos fundamentais nos que se baseia a associaçom, como é a promoçom e fomento dos desportos e as atividades no meio rural. Assim esta iniciativa pretende organizar atividades de tempo livre na comarca e contorna, isto é, a Serra de Sam Mamede, a Serra do Larouco, o Gerês ou a Serra do Invernadoiro.

Os roteiros visam conhecer o meio, a cultura e os costumes do nosso rural; brevemente publicarám o plano de trabalho e os roteiros com os seus respetivos programas, entre os que se inclui um roteiro gastronómico, através do seu site(www.traslasxas.com) e na sua conta de facebook.

Da Aguilhoar queremos parabenizar os nossos companheiros/as e amigos/as de Boado por esta iniciativa na que botaremos umha mao em todo o que precisarem e estaremos presentes nos roteiros.

Escrito às 15:28:31 nas castegorias: Cultura
por aguilhoar Email , 142 palavras, 538 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!
SOLIDARIEDADE COAS PRESAS E PRESOS POLÍTICOS GALEGOS

19-01-2011

Da Aguilhoar pomos en andamento unha modesta mais comprometida campaña de sensibilización e solidariedade con todos os presos e presas políticas e lembrar a aqueles combatentes galegos e galegas que máis deron e mais alto prezo pagaron por pelexar, con todas as consecuencias por mudar este mundo de destrucción por un outro mundo xusto, libre e solidario.

Esta campaña irá desde o dia de hoxe, coa publicación dun breve informe sobre a situación das presas e presos, a activación dun blogue solidário cos dados máis relevantes dos mesmos, até o 17 de Abril “Dia Internacional de Apoio aos Presos e Presas Políticas”, tempo durante o que haberá unha exposición permanente no local social coas biografias de cada umha delas e deles, e umha série de palestras sobre a situación carceraria nas que contaremos con diferentes organismos antirepresivos e direitos humanos.

Da Aguilhoar queremos lembrar, de forma moi especial, a Ugio Caamanho Sam-Tisso, Santiago Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Miguel Nicolás, mais tamén queremos lembrar aos galegos e galegas antifascistas, comunistas e anarquistas actualmente encarcerados e encarceradas por denunciaren e combateren esta mal chamada democracia.

LIBERDADE PRESAS E PRESOS POLÍTICOS!!

Ligaçom ao BLOGUE SOLIDÁRIO

Escrito às 12:55:06 nas castegorias: Associaçom, Política
por aguilhoar Email , 194 palavras, 460 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!
'Cantares Galegos' em Ginzo de Límia

14-01-2011

A Casa de Cultura de Ginzo de Límia acolherá nesta sexta-feira, 14 de janeiro, a partir de 20h00, a apresentação dos Cantares Galegos, primeira ediçom desta magnífica obra de Rosalia de Castro seguindo as normas do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.

Isaac Alonso Estraviz e Concha Rousia serám os encarregados de apresentar este trabalho, impulsionado pola Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), editado por Edições da Galiza e disponível para compra na loja Imperdível, entre outros locais.

Esta versão dos Cantares inaugura a coleção Clássicos da Galiza e foi realizada e dirigida polo membro da Academia Prof. Dr. Higino Martins Esteves, constando de 248 páginas entre preliminares, texto e notas finais.

Para a organização deste evento em Ginzo, a Academia Galega conta com a parceria do Centro Cultural Popular do Límia, do Centro Social Aguilhoar e de Edições da Galiza.

Escrito às 11:36:50 nas castegorias: Cultura
por aguilhoar Email , 138 palavras, 266 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!
FOLGA XERAL NACIONAL: 27 DE XANEIRO

09-01-2011

A CIG convoca folga xeral o 27 de xaneiro contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”

A central anima a CCOO e UGT a sumarse á convocatoria contra unha reforma das pensións que só beneficiará ao capital financeiro

A Confederación Intersindical Galega ten convocada unha nova folga xeral para o vindeiro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o Secretario Xeral cualificou como “o maior ataque aos dereitos da clase traballadora dende o franquismo”. A central anima a CCOO e a UGT a sumarse á convocatoria, que coincide no tempo co paro xeral anunciado polos sindicatos vascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data de cara a consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social. En todo caso, a convocatoria de folga xeral realizarase antes do 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma das pensións.
Ao mesmo tempo que a Comisión do Pacto de Toledo ultimaba o seu informe, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado do Secretario de Comunicación e Propaganda, Francisco Miranda Vigo, comparecían en rolda de prensa para anunciar a decisión do Secretariado Confederal da CIG de promover a convocatoria dunha nova folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro, na véspera da data límite marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma do sistema de pensións.

Seixo advertiu da necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas económicas e laborais que os gobernos viñeron adoptando até o momento, porque “todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensión ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de hai 60 anos”, advertiu. “Estamos ante un cúmulo de despropósitos que require dunha contestación inmediata”. Mais info. http://www.galizacig.com/avantar/novas/29-12-2010/a-cig-convoca-folga-xeral-o-27-de-xaneiro-contra-as-politicas-que-imporan-un-retroc

A CUT COA FOLGA XERAL, SEN DÚBIDAS
O sindicato nacionalista maioritario, a CIG, ven de facer pública a convocatoria de FOLGA XERAL para o día 27 de xaneiro. A CUT secundará esta folga e porá ao seu servizo todos os seus recursos.

A nosa central sindical leva dende finais do ano 2007 denunciando que o capitalismo pretende solucionar a súa crise sistémica volvendo a situarnos no século XIX. Dixemos nas rúas que ESTE SISTEMA NON SERVE e hoxe a historia demostra que entramos nunha nova etapa na que debemos tomar a iniciativa ou imos cara ao escravismo e a explotación sen límites.
Mais info. http://www.cutgalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=193:a-cut-coa-folga-xeral-sen-dubidas

Escrito às 19:39:28 nas castegorias: Política, Movimentos Sociais
por aguilhoar Email , 431 palavras, 273 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!

    Solidariedade coas presas e presos políticos galegos

    PRESaS
    Aguilhoar.5 anos luitando!

    Nasce em 2005 como fruito das inquedanças da mocidade limiá mais consciente e da necessidade de criarmos um espaço onde topar um jeito distinto de formular a política, em sentido amplo, como um processo que envolve todos os aspectos da vida. Um espaço de libertaçom integral, umha posta em valor do nosso recuperando o que nos identifica como País.
    Dotamo-nos dum Centro Social, para os protagonistas sermos nós próprios, para a soberania ser construída de abaixo para cima, para criar espaços abertos de debate, convívio e discussom. Contacto: aguilhoar@hotmail.com

    Pikanha

    Ligaçons

    V Festival da Mocidade
    Local Social A Esmorga de Ourense

    Alto Minho - Lugo
    Fundaçom Artábria - Ferrol
    Aturujo - Local Social - Boiro
    Baiuca Vermelha - Ponte Areias
    Casa Encantada - Compostela
    A Cova dos Ratos - Vigo
    Local Social Faísca - Vigo
    Centro Social A Formiga - Redondela
    A Fouce de Ouro - Ames
    Gentalha do Pichel - Compostela
    C.S. Gomes Gaioso - Corunha
    Henriqueta Outeiro - Compostela
    Madialeva - Lugo
    Revira - Ponte Vedra
    A Revolta - Vigo
    C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia
    Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho
    A Tiradoura - Reboredo (Cangas)
    A Treu - Corunha
    Ver Mapa Centros Sociais Galiza










    Busca

    powered by b2evolution free blog software