Da Aguilhoar pomos en andamento unha modesta mais comprometida campaña de sensibilización e solidariedade con todos os presos e presas políticas e lembrar a aqueles combatentes galegos e galegas que máis deron e mais alto prezo pagaron por pelexar, con todas as consecuencias por mudar este mundo de destrucción por un outro mundo xusto, libre e solidario.
Esta campaña irá desde o dia de hoxe, coa publicación dun breve informe sobre a situación das presas e presos, a activación dun blogue solidário cos dados máis relevantes dos mesmos, até o 17 de Abril “Dia Internacional de Apoio aos Presos e Presas Políticas”, tempo durante o que haberá unha exposición permanente no local social coas biografias de cada umha delas e deles, e umha série de palestras sobre a situación carceraria nas que contaremos con diferentes organismos antirepresivos e direitos humanos.
Da Aguilhoar queremos lembrar, de forma moi especial, a Ugio Caamanho Sam-Tisso, Santiago Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Miguel Nicolás, mais tamén queremos lembrar aos galegos e galegas antifascistas, comunistas e anarquistas actualmente encarcerados e encarceradas por denunciaren e combateren esta mal chamada democracia.
LIBERDADE PRESAS E PRESOS POLÍTICOS!!
Escrito às 12:55:06 nas castegorias: Associaçom, Política
|
|