Neste próximo Dia da Classe Obreira Galega os sindicatos nacionalistas do nosso País sairám um ano mais reivindicar as figuras dos obreiros Amador Rei e Daniel Niebla assassinados pola polícia espanhola em 1972, e ainda por em questom o sistema capitalista que está a provocar esta grave crise, nom só económica ou financeira, mas também ambiental, sanitária, alimentária, e de valores.
Da Aguilhoar com um espíruto crítico e revolucionário necessário para realizarmos umha radical transformaçom democrática deste sistema económico-social que nos leva a um outro mundo numha Galiza livre, chamamos a se mobilizar neste 10 de Março Dia da Classe Obreira Galega.
CIG.- Manifestacións en Ferrol e Vigo o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, contra o pacto económico e social. A CIG presentou este luns os actos que vai desenvolver con motivo da conmemoración o vindeiro xoves do “10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega”, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972. As manifestacións desenvolveranse en Ferrol e Vigo, nesta ocasión nucleadas en contra do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal e CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva. A Confederación outorgou carácter nacional á marcha de Ferrol, que sairá ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro (diante dos locais do sindicato), mentres que a mobilización de Vigo partirá da Vía Norte á mesma hora.
CUT.- Achégase de novo o día da clase obreira galega, achégase o 10 de marzo, o día no que os galegos e as galegas facemos memoria significada da nosa conciencia de clase e da nosa conciencia de pobo asoballado, polo capital e polo estado español. Facemos memoria de Daniel e Amador.
A crise do sistema capitalista, a inmoralidade dos seus xestores disfrazados de políticos, o putrefacto sistema que chaman democracia, a nosa continuada explotación e criminalización obrigan a que saiamos a rúa demandando o noso dereito a existir como pobo e como clase; obrigan a que non poñamos escusas á hora de manifestarnos. A CUT convócavos ás concentracións que terán lugar o 10 de marzo nas comarcas de Vigo, no mercado do Calvario ás 20 horas, e tamén en Compostela, ás 20 horas na Praza de Galicia.
Escrito às 10:29:02 nas castegorias: Movimentos Sociais
|
|