Domingo 8 de maio, às 12h00 na Alameda de Santiago de Compostela, a rede Galiza Non Se Vende convídanos a participar na manifestación que se celebrará o próximo domingo. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar por unha Galiza mellor.
CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA!!!
- Por unha utilización racional dos recursos naturais
- Pola protección do patrimonio natural e histórico
- Por unhas rías limpas
- Por uns ríos vivos
- Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
- Por un litoral público e natural
- Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura
- Por uns montes ben xestionados
- Pola participación da cidadanía na xestión do noso
- Por unha xustiza incorruptible
- Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
- Por un transporte colectivo eficaz
- Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
- Por unha xestión responsable dos residuos
- Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza
Escrito às 11:58:51 nas castegorias: Ecologia
|
|