Mais un ano as e os mozos da Aguilhoar organizamos unha edición do Festival da Mocidade. Este ano, após o suceso das Olimpiadas Galegas Popuplares que se desputaran en Ribadavia, facémonos continuadores desta iniciativa e adicaremos esta edición do festival en exclusiva á festa do deporte, que enfrentará en diferentes disciplinas aos pobos e aldeas da comarca da Limia. Ainda, a partir das 23h00 na Praza de Oriente (Xinzo) haberá concertos e a entrega de Trofeus aos gañadores.
30 de Xullo no Campo da Moreira (Data límite de inscripción 28 de Xullo)
As probas decorrerán nas instalacións deportivas da Moreira (Xinzo de Limia) desde ás 11h00 da mañá até as 20h00 da tarde do sábado 30 de Xullo.
Poderán participar todas equelas persoas que o desexen, organizadas en equipas en función do seu pobo ou aldea, existindo mínimo de 6 persoas e sen máximo de participantes por cada unha delas, nen necesidade de participar en todas as probas.
Trofeus e concertos. Praza de Oriente.
A partir das 23h00 na Praza de Oriente haberá concertos para por fin a esta xornada deportiva e festiva, realizándose a entrega de trofeus ás equipos e gañadores de cada proba.
O Trofeu para o pobo gañador será un xamón, para o segundo clasificado será un lacón e para o terceiro uns chourizos. Aliás, haberá un diploma para os campións individuais de cada unha das probas.
Para determinar o pobo vencedor, en cada unha das probas pontuaranse respectivamente com 3, 2 e 1 ponto os postos 1º, 2º e 3º. Así, a equipa que ao final contabilizar mais pontos, será a vencedora das OLIMPIADAS INTER-POBOS.
Prezo de inscripción (4 €)
O prezo de inscripción por equipa será en función do número de participantes, debendo pagar 4 euros por persoa de cada equipa.
Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Sainza, Morgade e Boado xa aseguran a súa particpación. FAI UNHA EQUIPA NO TEU POBO OU ALDEA E ANÓTATE!!!
-Contacto: aguilhoar@hotmail.com ou no Centro Social Aguilhoar-
-blogue de información: http://festivaldamocidade.blogspot.com/
Escrito às 17:56:36 nas castegorias: Festival Mocidade
|
|