MANIFESTAÇOM 12H30, 25 DE JULHO, COMPOSTELA
CAUSA GALIZA
Causa Galiza presenta ante o Pobo Galego de cara á manifestación que terá lugar ás 12:30 horas desde a Alameda de Compostela:
Un ano máis, a iniciativa Causa Galiza sae á rúa para facer visíbel que no noso País existe unha masa crítica soberanista, un conxunto de individualidades e de colectividades que non acredita nen no actual marco xurídico-político nen no sistema socio-económico que o sustenta.
Este polo de resistencia pode ser pequeno, pode parecer feble, pero conta coa inquebrantábel vontade de permanecer e medrar, de non se doblegar, de continuar a criar comunidade nacional, de proseguir na articulación de ferramentas de autoorganización que traian máis Pobo e máis conciencia. Eis a nosa fortaleza, eis a garantía de supervivencia de Galiza como Nación: unha parte do Pobo non renunciará xamáis a exercer a súa nacionalidade e ademáis loitará polo exercicio dos dereitos políticos que nos corresponden [+]
RONDALHA DA MOCIDADE INDEPENDENTISTA, 22H, 24 DE JULHO, COMPOSTELA
ASSEMBLEIA DA MOCIDADE INDEPENDENTISTA
A AMI apresenta o ato central da organizaçom com o galho da celebraçom do Dia da Pátria deste ano 2011. Este ano já é a XVII Rondalha da mocidade com a bandeira, manifestaçom que ano trás ano desde a sua primeira convocatória esta presente o 24 de julho [+]
MANIFESTAÇOM, 22H, 24 DE JULHO, COMPOSTELA
BRIGA
Briga convoca os atos da sua VII Jornada de Rebeliom Juvenil com a manifestaçom às 22h desde a Porta Faxeira, e os concertos no Parque de Belvís com a actuaçom do veterano rock basco de SU TA GAR, os Nos Ki Nasi Homi Ki Ta Mori Homi de Lisboa, os galegos Raiba e Cuchufellos.[+]
Escrito às 16:50:05 nas castegorias: Além-Minho e Galiza estremeira
|
|