Crónica do VI Festival da Mocidade

Crónica do VI Festival da Mocidade

01-08-2011

O pasado sábado, 30 de xullo, decorreu a sexta edición do Festival da Mocidade, este ano adicando a temática do mesmo aos deportes populares e galegos, sob a organización dun campionato que enfrontaba aos pobos, aldeas e barrios da comarca en probas como os 4000m, 100m, brilé, lanzamento de sacho ou o tiro con fisga, continuando a idea lanzada nas Olimpiadas Populares Galegas.

O resultado foi un rotundo éxito, non só na participacióm, contando con dez equipas, con un número de participantes que ia dos 6 aos 10 por cada unha, mais polo ambiente vivido, o convivio e a sana competitividade, pondo en valor unha outra forma de lecer, sempre de unha óptica 100% galega e popular.

Olimpiadas Inter-Pobos. Casa Baratas-Pombal saiu como a equipa gañadora.

A xornada comezou por volta das 11h da mañá até 14h nas instalacións deportivas do campo da Moreira, desputándose os 4000m resultando gañador Javi do Poligono 2 na categoria masculina e Lorena Portela da Veiga na feminina. Logo virían os 100m. que iría para Hector da Sainza, e mais para Noelia do Barrio de Abaixo. A continuación a lonxitude gañando o Javi do Poligono 2 e novamente Noelia do Barrio de Abaixo. E por último, en peso maculino faríase co trunfo Javi das Casas Baratas – Pombal e no feminino Raquel de Reboreda, e o Tiro con Fisga que foi para a equipa das Casas Baratas – Pombal.

Na concurrida e calurosa tarde, foron as probas de lanzamento de sacho, que gañou Adrian da Sainza, e mais unha vez, Noelia do Barrio de Abaixo. O brilé foi gaño novamente pola equipa das Casas Baratas – Pombal, e a seguir no Volei foi para A Sainza quen se levou a vitoria. E para rematar a xornada deportiva, a igualada carreira popular foi para equipa de Reboreda. Portanto, a clasificación por equipas resultou o primeiro posto para as Casas Baratas – Pombal, o segundo para Sainza e o terceiro para o Barrio de Abaixo.

Concertos e entrega de trofeus

Porén, a xornada non terminaba aí, mais continuaba na Praza de Oriente de Xinzo de Limia ambiantada para o efeito, cos concertos dos ourensanos Markarpone e os de Ponte Areas, Skandalo GZ que animaron aos presentes. Así, decorreu a entrega de trofeus a carrego de membros da Aguilhoar fixo entrega dos premios anunciados, nunha irónica intervención na que aliás se entregaran os premios “Isaac Vila” e “Anxo Quintana”.

Só resta agradecermos a todos as e os presentes e as que colaboraran con este VI Festival da Mocidade a súa axuda e agardarmos mais un ano para unha nova edición.

Escrito às 18:24:43 nas castegorias: Desportos, Festival Mocidade
por aguilhoar Email , 426 palavras, 1203 visualizaçons   Português (GZ)   Chuza!

Sem comentários ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))

    Solidariedade coas presas e presos políticos galegos

    PRESaS
    Aguilhoar.5 anos luitando!

    Nasce em 2005 como fruito das inquedanças da mocidade limiá mais consciente e da necessidade de criarmos um espaço onde topar um jeito distinto de formular a política, em sentido amplo, como um processo que envolve todos os aspectos da vida. Um espaço de libertaçom integral, umha posta em valor do nosso recuperando o que nos identifica como País.
    Dotamo-nos dum Centro Social, para os protagonistas sermos nós próprios, para a soberania ser construída de abaixo para cima, para criar espaços abertos de debate, convívio e discussom. Contacto: aguilhoar@hotmail.com

    Pikanha

    Ligaçons

    V Festival da Mocidade
    Local Social A Esmorga de Ourense

    Alto Minho - Lugo
    Fundaçom Artábria - Ferrol
    Aturujo - Local Social - Boiro
    Baiuca Vermelha - Ponte Areias
    Casa Encantada - Compostela
    A Cova dos Ratos - Vigo
    Local Social Faísca - Vigo
    Centro Social A Formiga - Redondela
    A Fouce de Ouro - Ames
    Gentalha do Pichel - Compostela
    C.S. Gomes Gaioso - Corunha
    Henriqueta Outeiro - Compostela
    Madialeva - Lugo
    Revira - Ponte Vedra
    A Revolta - Vigo
    C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia
    Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho
    A Tiradoura - Reboredo (Cangas)
    A Treu - Corunha
    Ver Mapa Centros Sociais Galiza










    Busca

    open source blog software