Da Aguilhoar reproduzimos o manifesto contra a reforma laboral do PP e em apoio da greve geral nacional convocada para o 29 de março polo sindicalismo combativo galego.
Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.
MANIFESTO
O Goberno español do PP vén de levar a cabo, a través da reforma laboral, o maior ataque que se fixo desde a transición ao dereito do traballo e ao modelo de relacións laborais até o de agora vixente.
A reforma laboral que acaba de aprobar o PP, e que vai ser tramitada como proxecto de lei no Parlamento español, supón estabelecer unha normativa laboral á carta para as empresas, aceptando así as propostas que hai anos vén defendendo a patronal (CEOE), para impor un marco de relacións laborais totalmente favorábel aos seus intereses, que non só non vai crear emprego senón que vai provocar a substitución de emprego fixo por emprego temporal e pola metade do salario.
O conxunto de medidas que recolle esta reforma van encamiñadas a abaratar e facilitar o despedimento, a reducir salarios e xeneralizar a precariedade no mercado laboral, a baleirar de contido a negociación colectiva como ferramenta en mans da clase traballadora para mellorar as súas condicións de traballo, a facilitar a fraude na contratación, a inflar os beneficios das empresas a través de subvencións con recursos públicos, en definitiva a unha desregulación total do mercado laboral que vai supor unha caída xeneralizada dos salarios, dos dereitos e das condicións de vida da clase traballadora e o seu debilitamento fronte ao capital.
Desde o inicio da crise, os poderes económicos, a través de institucións e partidos políticos ao seu servizo, como é o caso do Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, Comisión Europea, PSOE, PP ou CiU, veñen promovendo todo un conxunto de políticas económicas e sociais centradas na redución do investimento público; no recorte do gasto en servizos públicos básicos como o ensino, saúde ou asistencia social, coa conseguinte perda de emprego e na calidade do servizo a cidadanía; na baixada dos salarios; no aumento da idade de xubilación e en dificultar o acceso a unha pensión digna; na privatización de empresas e servizos públicos; no recorte de dereitos á clase traballadora; nun sistema fiscal totalmente inxusto baseado no incremento dos impostos directos á clase traballadora e clase media, no aumento dos impostos indirectos e na redución dos impostos directos aos máis ricos, ao capital; nas axudas multimillonarias á banca ou no fomento da especulación coa débeda pública.
Todo un conxunto de medidas orientadas a afondar aínda máis neste modelo de capitalismo en crise, a transferir rendas do traballo e recursos públicos ao capital, a concentrar cada vez máis o poder económico en mans de banqueiros, grandes construtores, promotores inmobiliarios e especuladores de todo tipo, o que está a provocar recesión económica, incremento do desemprego, maiores desigualdades sociais e máis pobreza.
Diante desta situación tremendamente inxusta e contraria aos intereses da maioría social, as organizacións asinantes deste manifesto esiximos dos gobernos central e autonómico, hoxe en mans do PP, a posta en marcha doutro tipo de políticas que garantan realmente a creación de emprego e unha saída rápida e duradeira da crise económica, nunhas condicións favorábeis aos intereses das clases populares. Estas medidas pasarían por: rematar coa especulación coa débeda pública, garantir financiamento a pequenas empresas e as familias, facer unha reforma fiscal para que paguen máis os que máis teñan, adoptar medidas serias para rematar coa fraude fiscal que cometen moi maioritariamente os bancos e grandes empresas, promover a creación dunha banca pública, facer políticas encamiñadas a crear emprego estábel e con salarios dignos, investir en I+D e en mellorar os servizos públicos, apoiar o tecido produtivo e penalizar a economía especulativa, pleno dereito e competencias de Galiza para decidir en materia de política laboral, industrial, social e económica en xeral.
A nosa firme oposición a estas políticas de recorte de dereitos e de empobrecemento das clases populares, profundamente antisociais e inxustas, xunto coa reivindicación dunhas novas políticas que garantan un reparto máis xusto da riqueza e unha calidade de vida digna para as clases traballadoras galega, é o que nos leva a solidarizármonos e a darmos o noso apoio á convocatoria de FOLGA XERAL EN GALIZA, para o día 29 DE MARZO, que promoven diferentes organizacións sindicais.
Escrito às 12:11:04 nas castegorias: Centro Social
|
|
Da Aguilhoar lançamos um blogue dedicado em exclusiva ao LIPDUB que estamos a organizar para o próximo 31 de março em Ginzo de Límia. Nele estaram todas as novidades, em relaçom, aos particpantes, horários, localizaçons, etc.
Entra, informa-te e participa!!
Mais info: http://lipdub-aguilhoar.blogspot.com/
Escrito às 12:06:05 nas castegorias: Centro Social
|
|
Com motivo do 7º aniversário da Aguilhoar, as e os moços do centro social organizamos a gravaçom de um LIPDUB polas ruas de Ginzo para visualizarmos o nosso movimento cultural: as Pantalhas do Entroido, os Mouros e Cristianos da Sainça, os Celtas e Romanos do Esquecimento, as equipas de futebol do Antela, o Boado, Pinheira, etc, a equipa de Baloncesto, etc, etc e por suposto a Aguilhoar.
Que é um LIPDUB?
Um LIPDUB é um vídeo musical realizado por um grupo de pessoas que sincronizam os seus gestos e movimentos com umha cançom.
Eis alguns exemplos:
http://www.youtube.com/watch?v=LMI_naT2u4k
http://www.youtube.com/watch?v=fUECf9js34Q
http://www.youtube.com/watch?v=nBjLwcqQCfE&feature=related
Quando vai ser? Podemos participar?
Será o proximo sábado día 31 de março polas ruas dos vinhos en Ginzo de Limia e pode participar qualquer que queira reivindicar e visualizar a nossa cultura, galega e limiá, e o nosso país, a Galiza.
A nom perder!!!
Nas próximas datas vamos informando dos horários, participantes, e todas as novidades e, por suposto, informaremos da cançom do LIPDUB!!!!!
Contacto: aguilhoar@hotmail.com
Escrito às 11:15:22 nas castegorias: Centro Social
|
|
Nom esqueçam!!!
Aqueles que quigerem fugir do barulho e da multidom nas festas de ano novo na nossa vila, venham polo Centro Social Aguilhoar celebarar a passagem de ano apartir das 01h00, haverá boa música, galeoke, queimada e muita diversom.
BOM ANO NOVO!!
A FESTA CONTINUA!!
Escrito às 15:25:12 nas castegorias: Centro Social
|
|
Perante a denuncia apresentada polo colectivo “Galicia Bilingüe” e as intoxicacións vertidas por diferentes medios de comunicación (ABC, El Mundo, Libertad digital, etc) sobre as actividades da Aguilhoar, queremos manifestar;
-A Aguilhoar é unha asociación legal, constituida conforme á lei de asociacións 1/2002, e que desenvolve as suas actividades de forma pública dentro do cadro da legalidade vixente.
-Os fins da asociación son a defensa da lingua e cultura galegas, os direitos nacionais da Galiza e os valores solidarios, no camiño da independencia nacional e o socialismo, nun escenario de pleno respeito polos dereitos e liberdades democráticas.
- A campaña de solidariedade con os e as galegas presas, por motivacións políticas, que deu comezo a esta denuncia, baséase nun escrupuloso respeito polos máis elementares direitos das persoas presas, recollidos na propia Constitución española, na Lei Xeral Penitenciaria e no Convenio Europeo de Dereitos Humanos; denunciando as arbitrariedades que sofren como a aplicación da dispersión, a tortura, o isolamento ou as sobrecondenas ás que son sometidos os seus familiares. Sendo a súa finalidade dar a coñecer, desde a nosa modesta posición, a existencia desta situación propia dun Estado pre-democrático, que ten recebido condenas da Comisión de Dereitos Humamos da ONU, do Comité Internacional Contra a Torturta, de Amnistía Internacional e do propio Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, nada sospeitosos de “radicais”.
- Queremos esclarecer que a nosa relación co IES Lagoa de Antela reduciuse ao apoio dunha xornada pola lingua en 2009, consistente nun recitado poético e un concerto.
- Por último, valoraremos ante esta situación a posibilidade de emprender accións legais contra "Galicia Bilingue" por un delito de inxurias e calumnias ante as graves acusacións vertidas.
Sen mais, e sen querer entrar nunha dinámica de comunicados ou de desmentidos, damos por fechado o asunto, do cal ningunha consecuencia legal se pode desprender ante a multitude de mentiras e terxiversacións interesadas desta denuncia. Por último, dirixímonos á aqueles asociados/as, simpatizantes e amigos/as que nos coneñecen de primeira mao, que saben que actividades e traballo facemos, e que mundo - mais xusto e mais libre- queremos, para que sigan mostrando o seu apoio o noso proxecto.
CENTRO SOCIAL AGUILHOAR
Escrito às 11:10:56 nas castegorias: Associaçom, Centro Social
|
|
Próximo sábado dia 30 de abril decorrerá no centro social da Aguilhoar projecçom do documentário editado pola “Fundaçom para o estudo da questom social e sindical na Galiza” (FESGA) sobre a História do Movimento Obreiro Galego. Esta projecçom e posterior colóquio realizara-se no marco dos actos do 1 de Maio, Dia do Internacionalismo Proletário, organizado pola Pikanha de Vilar de Santos que também tirará o seguinte número da sua folha de agitaçom.
Nele tratara-se a história e actualidade do sindicalismo galego, em base a tres entrevistas, a primeira sobre o Proletariado e luita de classes na Galiza de anteguerra com Dionísio Pereira, a segunda intitulada O mundo do trabalho e a organizaçom de classe na postguerra e o primeiro franquismo com Uxio-Breográn Diéguez, por última, De sindicalismo e naçom galega com Bernardo Maiz Vázquez.
A projecçom será por volta das 17h30 no local social, apresentaçom do seguinte número da folha de agitaçom da Pikanha e ao rematar haverá colóquio.
Escrito às 15:33:23 nas castegorias: Centro Social
|
|
Da Aguilhoar continuamos com a campanha de solidariedade iniciada a começos de ano, nesta ocasiom com umha palestra sob o mote "Pres@s Polític@s Galeg@s" nas que tentaremos com o máximo rigor por em debate a actual legislaçom de excepçom penal, a extensom do Estado de emergência na luita contra quem questionar o status quo, e como se aplica a lei contra aquelas pessoas dispostar a tentar mudar este estado de cousas, para isto contaremos com um advogado, penalista e membro do observatório de advogados Esculca-Xustiza e da organizaçom European Democraty Lawyers de dereitos humanos. Contaremos com a presença de um responsável, ainda por determinar, do Organismo Popular Anti-Repressivo CEIVAR que da apoio aos militantes independentistas represaliados pola sua actividade política bem como cobertura aos presos independentistas galegos, e que nos falará da sua história e situaçom actual. E por último, teremos a Marcos Regueiro, ex-preso político comunista e membro do Comité de Solidariedade, que presta cubertura as e os militantes comunistas e antifascistas galegos, que nos exporá a situaçom repressivo contra este colectivo de presoss ao que o Estado impom elevadíssimas condenas de prisom e gravíssimas situaçons penitencárias.
SÁBADO DIA 9, ÀS 19H00
NO CENTRO SOCIAL AGUILHOAR
Aguilhoar encaminha carta de solidariedade a todos os presos e presas políticos galegos, na qual resenha a companha lanaçada bem como denúncia a política penitenciária vulneradora do próprio marco legal espanhol e internacional, violando desde o direito de todo preso a umha cela individual até a direito a cumprir condena no centro penitenciário mais próximo ao domicílio, ou a aplicaçom de medidas excepcionais como cacheos aos familiares vistantes, intervençom e gravaçom de chamadas e visitas, restriçom de horas de pátio ou de actividades de lazer dentro do cárcere.
Mais umha vez fazemos um chamamento à solidariedade activa contra umha repressom que nom para e que pom no ponto de mira nom só a quem aposta na luita com todas as consequências mas também aos movimentos sociais, sindicatos,etc.
Escrito às 16:11:23 nas castegorias: Associaçom, Centro Social
|
|
A passada sexta-feira entrou em prisom preventiva o sindicalista da CUT Telmo Varela enquanto o jovem militante Iussa Prado ficou em liberdade provisória, após passarem a disposiçom judicial tras a sua detençom o dia 9 no marco do processo aberto há perto de tres messes contra Miguel Nicolás, acusados de um delito danos e tenença ilícita de material incendiáriio.
Da Aguilhoar somamo-nos à solidariedade ativa contra a repressom que sofrem quem se enfronta contra Espanha e o Capital.
LIBERDADE TELMO VARELA!!
LIBERDADE PRESOS INDEPENDENTISTAS!!
Escrito às 11:55:59 nas castegorias: Centro Social, Eventos
|
|
A Pikanha é a folha de agitaçom da Aguilhoar em Vilar de Santos, nascida dum pequeno grupo de jovens deste concelho que em 2009 pomos este projecto em andamento com a finalidade de expressar as nossas inquedanças e acabar com carência de activismo político, social e cultural em Vilar de Santos desde umha perspectiva independentista e socialista. A Pikanha terá um espaço próprio na rede e sairá quatrimestralmente à rua em papel
Jovens e combativos
Mais umha geraçom de jovens do pequeno concelho limiao de Vilar de Santos assume o repto de se rumar por umha outra Galiza associando-se à Aguilhoar, cinguindo o seu âmtito de actuaçom no próprio concelho e nos liceus e lá onde tiver presença os novos associados.
Calendário de actividades
Estám a eleborar um calendário de actividades tanto lúdicas quanto reinvindicativos para os próximos meses, centrando os eforços num magosto o próximo sábado 13 de novembro no forno comunitário de Bárrio que contará com castanhas, churrasco, vinho e actuaçom musical.
Escrito às 10:22:29 nas castegorias: Associaçom, Centro Social
|
|