Roteiro de Adega polo rio Lérez

Roteiro de Adega polo rio Lérez

25-05-2005

O programa de roteiros de Adega-Lugo modifica-se para fazer coincidir o roteiro polo Lérez com a manifestaçom contra o complexo ENCE-ELNOSA na ria de Ponte Vedra. O auto-carro sairá de Magistério de Lugo às 9 da manhá do Sábado 4. Para se anotar, é imprescindível ligar para o 639 664924 (Montse).
A seguir reproduzimos o correio electrónico recebido:

_______________________________________
Estimad@s compañeir@s:

Queríamos comunicarvos que houbo cambios no programa de roteiros de ADEGA-Lugo, as próximas rutas estaban programadas para o 22 de maio no río Arnoia e, o 19 de xuño no río Lérez, pero dous actos trastocaron estas previsións.
Por un lado o Sr. Fraga non tivo en conta o noso programa e puxo as eleccións para o día 19 de xuño sin pensar na nosa ruta, e por outro o 4 de xuño hai unha manifestación en Pontevedra co lema Pola defensa da ría, pola saude e máis postos de traballo, fóra ENCE de Lourizán.
Como tod@s sabedes o 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e este ano en ADEGA quixemos sumarnos a esta reivindicación de Pontevedra e facer coincidir a manifestación que habitualmente neste día convoca o movemento ecoloxista galego.

Por iso, as nosas rutas serán:

Sábado, 4 de xuño polo río Lérez (ver cartaz), rematando na manifestación pola defensa da ría.
Domingo, 3 de xullo polo río Arnoia.

Pregamos saibades entender estes cambios e disculpedes os problemas que vos teñamos ocasionado.

AR FRESCO PARA GALIZA.
_____________________________________
Cartaz roteiro polo Lérez

Roteiro polo Lérez e manifestaçom do Dia Mundial do Ambiente.

O chamado sendeiro de S. Xurxo, duns 15 km e dificultade baixa-media, discorre pola parroquia de S. Xurxo de Sacos, no concello de Cotobade (Pontevedra). Este percorrido polo val do Lérez permitiranos gozar de carballeiras, bosques caducifolios autóctonos e zonas húmidas de ribeira nos treitos paralelos ao río, e tamén de manifestacións de patrimonio artístico e etnográfico, como unha das maiores concentracións de petroglifos de Galiza e numerosos exemplos de arquitectura popular (muíños, cruceiros, igrexas, o pazo de Bermúdez de Castro, etc.). Esta riqueza natural e cultural está ameazada pola proliferación de encoros no Lérez igual que en todos os ríos do país.
Por este e outros desastres ambientais, ao remate do roteiro propoñemos unirnos á manifestación do Día Mundial do Ambiente, que este ano se celebra en Pontevedra baixo o lema Pola recuperación da Ría, pola saúde e máis postos de traballo, fóra ENCE de Lourizán. O movemento ecoloxista quere así reclamar unha alternativa para a insostible situación deste complexo papeleiro altamente contaminante nunha das nosas mellores rías.

Escrito ?s 14:12:57 nas castegorias: Actividades
por a.minho   , 478 palavras, 214 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

      A Associaçom Alto Minho é um projecto cultural da cidade de Lugo.

      Nasce do Colectivo Reintegracionista Alto Minho que desde o ano 1993 agrupa um grupo de pessoas decididas a dinamizar a língua e cultura galega na nossa cidade e a sua Comarca.

      Para conseguir isto marcou-se como primeiro objectivo a abertura de um Centro Social, que depois de muitos esforços foi inaugurado o 25 de Abril de 2001.

      Os nossos objectivos som promover quaisquer actividades culturais que tenham como finalidade a defensa da nossa cultura, abrangendo a língua, a literatura, a história, a música, a gastronomia, as artes etc..

      Pode contactar escrevendo para info[@]altominho.org

      Busca

      blog engine