O Colectivo em Defesa do Património Etnográfico Galego informa das reuniões-festa todas as últimas sextas-feiras de cada mês. Continuam esta sexta 27 de Maio no mesom ?O Barqueiro? (na rua Fontinhas) desde as 22:00 h.
Os amantes da música e o baile tradicional temos ali a nossa cita .
Animam a levar gaita, pandeireta, tamboril, pés para bailar ou o que se queira.
___________________________________________________
O pasado venres día 20 de maio presentouse no círculo das artes de Lugo a Banda de Gaitas de Cantigas e Frores. Esta banda de gaitas está integrada por alumnos de varias asociacións e conservatorios da cidade.
Este acto foi levado a cabo coa participación do Colectivo en Defensa do Patrimonio Etnográfico Galego.
O próximo sábado 12 de xullo haberá unha comida homenaxe a Jesús Pérez (fillo de Paulino e pai de Luciano Pérez). Esta homenaxe está coordinada po-los artesáns Xaneco e Xermán Arias. A participación é aberta a todos os que queirades asistir, podedes adquirir as invitacións (20 ?) nos talleres de Xaneco, Xermán e no Taller de Instrumentos da deputación.
Colectivo en Defensa do Patrimonio Etnográfico Galego.
Escrito ?s 13:48:54 nas castegorias: Actividades
|
|