Manifestaçom contra ENCE em Ponte Vedra

Manifestaçom contra ENCE em Ponte Vedra

03-06-2005

ADEGA informa que há auto-carros para acudir a Ponte Vedra de manhã, dentro do programa do roteiro polo Lérez e de tarde, para ir diretamente à manifestaçom.

Era no 1957 coa instalación de CELULOSAS DE PONTEVEDRA e no 1968 coa instalación de ELNOSA que, -con capital público estatal-, empezaba a construírse, ao pé mesmo da ría de Pontevedra, unha historia de contaminación e envelenamento que, a día de hoxe, 50 anos despois, segue afectando gravemente á produción marisqueira dunha da ría e á saúde pública de toda a comarca de Pontevedra.

Foi contra desta contaminación, pero tamén contra dun modelo de desarrollismo do Estado que estaba a traer a Galiza unhas industrias altamente contaminantes que viñan a usurpar o dominio dos nosos montes para adicalos á plantación de pinos e eucaliptos e que para nada tiñan en conta os recursos naturais das nosas rías, contra da que, xunto co resto do ecoloxismo galego e a Galiza máis consciente do seu futuro, houbemos de mobilizarnos teimosamente, xa dende a nosa fundación, para sacar a ENCE FORA DA RÍA e tamén para deter máis de media ducia de proxectos de Celulosas que dende Fazouro ou Viveiro (en Lugo) ata Ponteceso, Cee, Negreira ou as Pontes (na Coruña) pretenderon instalarse en Galiza ao longo dos 70.

Hoxe, despois de moitas denuncias por contaminación e de moitas mobilizacións polo traslado do complexo ENCE-ELNOSA fora da ría, a dirección de ENCE, contando co apoio da Xunta e de certos sectores empresariais e sindicais, pero en contra da maioría da sociedade e dos gobernos municipais da ría, busca consolidarse en Lourizán apropiándose definitivamente duns terreos que no 2018 terían que volver ao dominio público.

O momento é decisivo. Aí están as manobras e a manipulación mediática da Empresa, de Caixa Galicia e máis da Xunta, fronte á firmeza do Goberno Municipal de Pontevedra; aí está a chantaxe da desaparición de postos de traballo ou a demagoxia dunha fábrica de papel tisú; aí están os intentos de que o Ministerio de Medio Ambiente acepte o traspaso dos terreos de Lourizán á autoridade portuaria de Marín ou as convocatorias á mobilización cidadá que, a través de inconscientes intermediarios, está a promover a dirección de ENCE.

O momento é hoxe decisivo.
A decisión afecta á Pontevedra, pero tamén a toda Galiza.

Neste 4 de Xuño, a mobilización do DIA
MUNDIAL DO MEIO AMBIENTE tén que
estar en Pontevedra apoiando a todos
os seus colectivos sociais

Para asistir á manifestación sairán autobuses desde Lugo, o sábado pola tarde, é imprescindible anotarse chamando aos teléfonos 982-225812 ou 982-280410.
Lugo, 2 de xuño de 2005.

Asociación para a Defensa de Galiza
Miguel de Cervantes, 47-Entrechán

27003 LUGO

Tfno: 982-240299
639-664924
Correo electrónico: adegalugo@adegagaliza.org
Páxina electrónica: www.adegagaliza.org

Escrito ?s 13:07:05 nas castegorias: Actividades
por a.minho   , 495 palavras, 261 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

      A Associaçom Alto Minho é um projecto cultural da cidade de Lugo.

      Nasce do Colectivo Reintegracionista Alto Minho que desde o ano 1993 agrupa um grupo de pessoas decididas a dinamizar a língua e cultura galega na nossa cidade e a sua Comarca.

      Para conseguir isto marcou-se como primeiro objectivo a abertura de um Centro Social, que depois de muitos esforços foi inaugurado o 25 de Abril de 2001.

      Os nossos objectivos som promover quaisquer actividades culturais que tenham como finalidade a defensa da nossa cultura, abrangendo a língua, a literatura, a história, a música, a gastronomia, as artes etc..

      Pode contactar escrevendo para info[@]altominho.org

      Busca

      powered by b2evolution