Ergueitos.Sárria.- O sábado 25 de xunho voltaremos a realizar a viaxe literária que todos os anos levamos a cabo por Lóuzara, para lembrar a Fiz Vergara Vilarinho, para estar coa sua familia, para recorrer os lugares que el andivo e amou e para vérmonos e disfrutar unha xornada de poesia e natureza.
Reunirémonos diante da Casa da Cultura de Sárria ás 12:00.
Iniciaremos a viaxe cara Paredes de Lóuzara para comezar cun xantar con troitas do rio Lóuzara e churrasco, regado con viño de Quiroga.
Despois da tertulia iremos a Santalla á casa do Fiz, levaremoslle unhas flores e leremos os seus poemas diante da Fonte da Coba, ao pé do muiño.
E percorreremos o camiño á beira do rio até a fervenza de Augadalte.
Este ano ademáis contaremos coa presencia de Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonia de Galicia, que nos ofrecerá un concerto de contrabaixo na propia Fonte da Coba.
Grazas pola vosa colaboración e agardamos vervos o 25 de xuño en Lóuzara.
Sárria, 22 de xuño de 2005
María Casar
Presidenta da A.C. Ergueitos
Tlfs de contacto: 678 601 550 - 677 429 225
tirado de www.agal-gz.org
Escrito ?s 18:05:57 nas castegorias: Actividades
|
|