O Bandullo Ecolóxico informa que o próximo domingo día 3 de xullo, a Asociación de Vecinhos ?Carvalheira de Nadela? tenta recuperar a sua tradicional feira de Sam Pedro, coa colaboración, entre outros, da Asociación de Consumidores de Produtos Ecolóxicos O Bandullo Ecolóxico.
Organiza-se, pois a Feira de Produtos Ecolóxicos e Tradicionais, que terá lugar en Nadela, a uns 3 km de Lugo.
Auto-carros ida e volta gratuíta sairám da Avenida de Ramom Ferreiro.
A FEIRA DE LUGO para os productos ecoloxicos e tradicionais
A FEIRA DE LUGO para comprares o milhor da terra para a túa mesa
Con xantar campestre acompanhado de música, gaiteiros e charangas e premios para a merenda máis numerosa e a máis animada ou polvo a feira e churrasco nos postos da feira; e tamén comida ecolóxica nos restaurantes de Nadela.
A carvalheira, os produtos ecolóxicos, os gaiteiros, todo isto é unha invitación a que vaias a xantar alí ese día, non sí?
Vemo-nos alí entón, cos teus amigos e familiares!
Non dúbides en facer publicidade deste acto de recuperación das tradicions e de fomento da produción ecolóxica!
Un saúdo do Bandullo Ecolóxico.
Escrito ?s 17:57:05 nas castegorias: Actividades
|
|