Hoxe por terceiro día consecutivo, membros de ADEGA-Lugo impediron as obras de construción dunha granxa de cultivos mariños en Rinlo (Ribadeo), dentro do espazo natural "As Catedrais", incluído na Rede Natura 2000. A empresa promotora está a tentar enfrontar a algúns veciños de Rinlo con ADEGA, o que levou a algún momento de tensión.
A intención de ADEGA-Lugo é seguir tentando deter as obras até que a Administración se decida a intervir para impedir esta nova desfeita ambiental. Nunha entrevista celebrada hoxe en Santiago, os Directores Xerais de Conservación da Natureza e de Calidade e Avaliación Ambiental dixéronnos que a Consellería de Medio Ambiente non revisará a declaración de impacto ambiental favorábel aprobada polo anterior Goberno nin ordenará a paralización das obras, só velará polo cumprimento das condicións estabelecidas na declaración.
Se alguén pode apoiar nos próximos días esta acción de ADEGA-Lugo, que o
comunique axiña a calquera destes 3 teléfonos: 639 664 924 (Montse), 619
808 662 (Daniel) ou 649 103 070 (Lois).
Se tes contactos que crees poden colaborar de algún xeito sería moi importante que lles fixeras chegar esta mensaxe. Gracias.
Pódese ampliar información na web de ADEGA-Lugo e en Vieiros
Saúdos.
Escrito ?s 13:23:20 nas castegorias: Actividades
|
|