ADEGA-Lugo ornganiza para a quarta-feira, 9 de novembro, às 20:00h um debate sobre os "100 primeiros dias co novo Governo Galego, Meio Ambiente, Igualdade ante a Lei e Xustiza Social .
Os temas seram:
RINLO (Ribadeo): por Daniel L. Vispo. Secretario Xeral de ADEGA;as artes do ex-conselleiro de pesca, Sr. López Veiga, en connivencia co Concello de Ribadeo, para saltarse á lexislación de espacios protexidos e autorizar unha planta de acuicultura nun espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios.
O COUREL: por Orlando Alvárez. Secretario de SOS COUREL; un furado na Rede Natura a petición de CUPIRE-PADESA para seguir consentindo unha canteira ilegal nun espacio que quere ser Parque Natural.
OUTEIRO DE REI: por Emeterio García. Veciño de Outeiro de Rei; ou a prepotencia dun alcalde asociado ao negocio urbanístico pasando por riba de toda legalidade e racionalidade ambiental e urbanística.
___________________________
A seguir colcamos o texto remetido por ADEGA-Lugo sobre a polémica sentença sobre as movilizações em Rinlo (Ribadeo)
NOTA DE PRENSA:
Referencia: unha forma inxusta de facer xustiza.
Once compañeiros de ADEGA veñen de ser condenados polo xulgado de Mondoñedo ao pago dunha multa de 6 ? diarios durante 15 días por unha falta de coaccións e ao pago ao Sr. Alvárez-Cascos dunha indemnización pendente de fixar por perito independente ata unha cantidade de 12.630,50 ?.
Para esta asociación ecoloxista, esta forma de facer xustiza sen ter para nada en conta que se ESTABA A DEFENDER UN PATRIMONIO NATURAL DE TODOS DA ÚNICA FORMA QUE NA REALIDADE SE PODÍA DEFENDER NON É MÁIS QUE UNHA FORMA INXUSTA DE FACER XUSTIZA engadida ao atropello da lei, á inxustiza e á indignidade dunha administración autonómica, local que actúou con total desprecio da lexislación de espacios protexidos, da lexislación de impacto ambiental, da lexislación de costas, da lexislación de pesca, da lexislación do solo ou da lexislación de patrimonio público.
O atropello da administración:
-E un atropello que poda haber declaración de impacto ambiental favorable para unha instalación deste tipo sobre un espacio da Rede Natura con hábitats prioritarios, cando a Directiva Hábitats e o Real Decreto 1997/1995 que traslada esta directiva ao ordenamento xurídico do Estado dice que, nestes casos, só se poderán alegar razóns de seguridade e saúde pública ou razóns imperiosas de primeira orde que hai que xustificar e consultando previamente coa Unión Europea.
Houbera tido esta mesam declaración de impacto ambiental favorable calquer veciño de Ribadeo que quixese montar nese mesmo lugar o seu negocio?
-É un atropello que se poda ter tramitado unha avaliación ambiental en base a un Estudo de Impacto Ambiental incompleto (non estuda ningunha alternativa de ubicación fora da Rede Natura, non estuda o impacto dos vertidos químicos sobre o banco de percebes do litoral, non estuda o impacto sobre as pesquerías de polbo) e falso (cando a parcela é de 42.000 m2 reduce o impacto a só 442 m2 de hábitat prioritario);
-É moito máis que un atropello que, téndose iniciado a tramitación deste proxecto en Maio do 2004, o Sr. López Veiga (para algos se libra de Cuiña coa excusa duns capachos do Prestige) promova a modificación da Lei de solo de Galicia (Decembro do 2004) para que ésta poda permitir a ubicación desta e doutras instalacións deste tipo en solo rústico de protección de espacios naturais;
-É un atropello que poda aprobarse un proxecto sectorial, -unha forma de recalificación deste solo rústico de protección de espacios naturais e de protección de costas-, cando nesta instalación non hai máis xustificación de interese público que o que poda ter o Sr. Alvárez Cascos por facer o seu negocio á conta dun solo barato de espacios protexidos (a maiores das subvencións públicas europeas e autonómicas que recibirá o Sr. Alvárez-Cascos á conta dos presupostos que pagamos todos cos nosos impostos). Sobra solo en Ribadeo e en todo o litoral para poder ubicar esta instalación sen afectar á Rede Natura e sen afectar ao banco de percebes de Rinlo. Que esta aprobación se teña feito no último consello da Xunta do Sr. Fraga, non pode, ademáis, ser menos atropello que o de outros acordos do Governo en funcións que a nova Xunta si tén revisado;
-É un atropello que poda haber licencia municipal de obras cando a Lei do solo de Galiza proíbe expresamente que poda haber tal licencia municipal sen contar coas demáis autorizacións autonómicas, neste caso autorización de explotación e de ocupación do dominio público marítimo-terrestre e da súa zona de protección. Que esta licencia se otorgue ao día seguinte mesmo do acordo do Consello da Xunta, en base, ademáis, a un informes que ocultan que se trata dun espacio protexido, demostra, por outra parte, que o Sr. Alcalde de Ribadeo está máis que implicado neste atropello e trato de favor que recibe o Sr. Alvárez-Cascos;
-E un atropello e un roubo descarado que a Xunta de Galiza lle venda ao Sr. Alvárez-Cascos unhas parcelas procedentes do fondo de terras da concentración parcelaria de Vilaframil, cando este fondo de terras, constituído á conta do 4% ou do 6% que cada propietario tivo que aportar ao fondo, só podía ter a finalidade (lei de concentración parcelaria) de correxir os erros e atender as reclamacións da propia concentración ou para equipamento social da parroquia. Que, ademáis, se podan vender a precio de saldo (1 ?/m2), constitúe un roubo descarado do patrimonio público e un acto de especulación co espacio protexido: declarase protexido non para protexelo senón para quitarlle valor de mercado. ¿Se ese solo tivera sido declarado urbanizable, houbera alguén vendio a precio de 1 ? o metro cadrado?
-É un atropello que, -aínda dando a licencia municipal por legal-, se podan iniciar unhas obras sen contar coas demáis autorizacións e que cando se denuncian as obras ante o Seprona ou ante Meio Ambiente, a administración local e autonómica descargue a responsabilidade da paralización sobre os xulgados e sobre as asociacións ecoloxistas.
O Sr. Alcalde de Ribadeo, a Dirección Xeral de Costas ou Meio Ambiente houberan consentido algo similar a calquer outro veciño ou veciña de Ribadeo?
Non é certo, señora Xuíz, que os compañeiros e compañeiras de ADEGA teñamos adoptado unha vía de feitos cando había outra forma de actuar e outros recursos para defender estes hábitats prioritarios (en perigo de desaparición):
solicitamos da Consellería de Meio Ambiente, por escrito e en persona, a revisión da Declaración de Impacto Ambiental: sen resultado algún;
denunciamos verbalmente as obras ante a Garda Civil: sen resultado algún;
denunciamolas logo por escrito e tal denuncia foi presentada pola Garda Civil no Xulgado de Mondoñedo xuntamente coa do Sr. Alvárez Cascos: sen resultado algún;
e, cando recurrimos á Xustiza, pois aí está: sen máis resultado que o dunhas medidas cautelares provisionais que se levantan sen máis probas que unha declaración do Sr. Alvárez-Cascos ao seu patrimonio e a testificación duns técnicos pagados polo Sr. Alvárez-Cascos para desdecirse do que tiñan escrito no Estudo de Impacto Ambiental e declarar, -contra todos os informes da Consellería de Meio Ambiente-, de que alí non había tais hábitas prioritarios. Resultado? NINGÚN.
A única vía de feitos que, dende a nosa sensibilidade ambiental, somos capaces de ver é a do Governo do Sr. Fraga, primeiro; do Concello de Ribadeo, despóis; e da Consellería de Meio Ambiente actual ao consentir estas obras sobre un espacio da Rede Natura con hábitats en perigo de desaparición: a lexislación de espacios protexidos é tamén para facer cumplir. Nós respetamos a propiedade privada, pero tén que saber o Sr. Alvárez-Cascos, o Concello de Ribadeo (e tamén a xustiza) que a propiedade privada non é arbitraria nen absoluta: tén sempre unha limitación de usos en función da calificación do solo. Nesta parcela, a limitación vén imposta polo que dispón a lexislación da Rede Natura 2000.
Pola nosa parte temos moi craro que a protección do patrimonio natural é unha necesidade para asegurar a diversidade de formas de vida do planeta, e, polo tanto, unha necesidade para garantir a nosa calidade de vida. Dende esta sensibilidade aseguramos a nosa disposición a seguir defendendo que a lexislación de espacios protexidos teña o mesmo valor que toda a demáis e, polo tanto, tamén ter que ser de obrigado cumprimento, tanto se o cidadán é un modesto veciño de Ribadeo, como para un influinte Alvárez-Cascos ou para a administración: A LEI É IGUAL PARA TODOS OU NON É.
Daniel López Vispo.
Secretario Xeral de ADEGA
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Miguel de Cervantes, 47-Entrechán
27003 LUGO
Correo electrónico: adegalugo@wanadoo.es
Páxina electrónica: www.adegagaliza.org
Escrito ?s 13:09:10 nas castegorias: Actividades
|
|