http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6814.html?pag_com=2#respuesta1087070
O Apalpador toma Compostela
O famoso carboeiro do Courel estivo en Compostela para regalar castañas entre os nenos e pedirlles que sigan sendo como son.
O Apalpador, a figura do Nadal galego, estivo en Compostela. Nun acto organizado poloa Gentalha do Pichel, os nenos da capital galega poideron disfrutar de xogos, música e da visita inesperada do famoso carboeiro do Courel que estivo paseando polas rúas da zona vella de Santiago agasallando con castañas pilongas aos nenos e nenas.
A tradición do Apalpador estaba ao límite da desaparición e foi recuperada nos últimos anos por asociacións e posteriormente institucións públicas. É un xigante carboeiro que descendía das devesas do Courel no Nadal para apalparlle as barrigas aos nenos cando dormían para comprobar se estaban ben mantidos. Como regalo lles deixaba unha presada de castañas.
O Apalpador ten unha dura competencia xa que, polo momento, as figuras do Papa Noël ou dos Reis Magos, seguen sendo as preferidas dos nenos . Con todo, as campañas para o seu coñecemento están facendo que sexa xa unha figura moi coñecida e aceptada entre a rapazada.