« Abril-Maio 2005: Programa de actividadesActividades em Ferrol organizadas pola Fundaçom Artábria em homenagem de Carvalho Calero »

Companhia Berrobambán na Artábria

23-03-2005

Link permanente 22:21:38, por Fundaçom ARTÁBRIA Email , 455 palavras, 240 visualizaçons   Português (GZ)
Categorias: Local Social, Teatro e conta-contos

Companhia Berrobambán na Artábria

Na Fundaçom Artábria a próxima sexta-feira, 4 de Março, apresentará a sua obra "Vendetta" a companhia teatral Berrobambán. O acto dará começo às 22h00. A Fundaçom Artábria está na Travessa de Batalhons nº 7 (Ferrol). Enviamos a seguir umha sinopse da obra e a apresentaçom da companhia que Berrobambán enviou para a Artábria.

Continua:

Berrobambán presentouse como compañía en Compostela en 1996 coa estrea de "Auto" . A partir de 1997 comezou a interesarse polo público infantil, consciente da carencia de espéctáculos dirixidos a este sector do público. En 1998 impulsou a posta en marcha dun espacio que se habilitou na NASA baixo o nome xenérico de Asteroide B-612, e no que Berrobambán actuou como compañía residente ata 2002, estreando aquí os seus espectáculos: a comedia musical "Xuvenca e Cochón, estrelas da canción" no ano 1999, o espectáculo de clown mudo "Diariamente" no ano 2000, seleccionado para o festival internacional de teatro infantil de Seúl no ano 2002, "Dous contos sen final e un final por fin" no ano 2001, e actuando como coordenadores de todas as actividades coa súa presencia constante. Ao mesmo tempo, mantiveron aberta unha liña de traballo dirirxida ao mundo "adulto", da que resultou unha obra como "NdC" ou a serie de vídeos paródicos que se estrearon na rede e tamén nas ultranoites da sala Nasa e cos que conseguiron facernos rir da incompetencia política. Nesa línea aparece agora a súa nova proposta: "Vendetta", un espectáculo cómplice e fronteirizo.

Vendetta

Un día erguémonos con sede, coa gorxa seca, enfermos de raiba e decidimos que así non se podía vivir, coa comechón do inconformismo, co becho da impotencia, cunha solitaria que vai devorando o pouco de ser humano que aínda nos resta.Por unha vez, e sen que serva de precedente, decidimos actuar, que a fin de contas é o único que podemos facer os actores, e berrar, e cantar, e rabuñar cordas de guitarra, e raiar discos de vinilo, e poñernos pantalóns axustados, correas e pinchos para buscar no público a complicidade dos que, coma nós, precisan da vinganza para poder seguir adiante. Presentámoslle con sumo gusto este cabaret punkarra sobre o noso tema favorito, senten nas súas cadeiras e gocen deste prato que como mellor sabe é frio.

Ficha artística Intérpretes: Paula Carballeira, Leo F. Campos, Anabell Gago, Ángel Lago, Chiqui Pereira.
Textos: Paula Carballeira, Leo F. Campos.
Música: Leo F. Campos, Ángel Lago
Letras: Paula Carballeira, Leo F. Campos
Roupas: Mercedes Torres"Isi"
Idea e creación: Berrobambán
Dirección: Chiqui Pereira

Sem comentários ainda

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
Horário de Abertura
- Terças a quintas 19.30h-22.30h
- Sextas e Sábados 19.30h-02.30h

Em Abril de 1998 nasce a Fundaçom Artábria, em Setembro do mesmo ano inaugura o seu Centro Social. A Fundaçom Artábria está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o número de inscriçom 54. O Código de Identificaçom Fiscal (CIF) é G15645518. A morada está na Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao Esteiro-Ferrol (Galiza. Para saberes mais, lê a definiçom da Artábria na wikipédia + info

Maio 2012
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ligaçons

Aguilhoar - Ginzo de Límia Alto Minho - Lugo Baiuca Vermelha - Ponte Areias Aturuxo - Bueu Local Social A Esmorga de Ourense Gentalha do Pichel Local Social Faísca - Vigo A Fouce de Ouro - Ames Henriqueta Outeiro - Compostela Revira - Ponte Vedra A Revolta - Vigo Sociedade Cultural e Desportiva do Condado - Salvaterra de Minho A Treu - Corunha C.S. Roi Soga de Lobeira - Noia C.S. Gomes Gaioso - Corunha Mádia Leva - Lugo

Ferramentas do usuário

blog software