| « "Galicia Bilingüe"? em Ferrol nom vos queremos nem ver | Começa curso de Dança do Ventre » |

A Asociación Fuco Buxán comunicou à nossa entidade a sua adesom à proposta de que Carvalho Calero protagonize o 17 de Maio de 2009, 19 anos depois do seu falecimento. Reproduzimos a seguir a carta remetida pola directiva dessa entidade amiga ferrolana à Real Academia Galega com esse objectivo.
Continua:
A/A. da Real Academia Galega:
A directiva da Asociación Cultural Fuco Buxán tomou como resolución este venres 4 de xaneiro apoiar a proposta da Fundación Artabria de cara a favorecer a designación de Carvalho Calero para as Letras Galegas de 2009, polo seu compromiso con esta a nosa terra, a súa cultura e o seu compromiso antifranquista.Falecido en 1990 diversas entidades teñen repetidamente insistido nos últimos 17 anos na necesidade dun recoñecemento a Carvalho, representante do nacionalismo histórico comprometido coa causa antifascista e defensor da unidade lingüística galego-portuguesa. Facemos constar que para Fuco Buxán o reintegracionismo non debe ser un obstáculo para a concesión das Letras Galegas do 2009.
Asdo. Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán
Além do envio à Secretaria da RAG, a Asociación Fuco Buxán incorporou um banner da campanha ao seu web, com a legenda 'Polo seu compromiso coa nosa terra, a súa cultura e o seu compromiso antifranquista'.
Queremos daqui agradecer a adesom dos companheiros e companheiras da Asociación Fuco Buxán.

| Seg | Ter | Qua | Qui | Sex | Sab | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| << < | > >> | |||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | 31 | |||