« Fuzquenlha deixou todo o seu metal na ArtábriaATENÇOM: Suspendida palestra de Nilda Eloi »

Pleno Municipal de Ferrol aprova apresentar à RAG umha proposta para que Carvalho Calero seja reconhecido como protagonista do Dia das Letras de 2009

29-03-2008

  17:04:19, por artabria   , 830 palavras  
Categorias: Comissom de Língua

Pleno Municipal de Ferrol aprova apresentar à RAG umha proposta para que Carvalho Calero seja reconhecido como protagonista do Dia das Letras de 2009

Em resposta à proposta realizada pola Fundaçom Artábria, o Pleno municipal aprovou unanimente agradecer o trabalho da nossa entidade e pedir à Real Academia Galega que o Dia das Letras de 2009 seja dedicado ao ferrolano Ricardo Carvalho Calero.

Apresentamos a seguir o texto integral apresentado inicialmente pola área de Cultura e assumido polo governo e o pleno municipais:

14. PROPOSTA DE ADICACION DO DIA DAS LETRAS GALEGAS; A RICARDO CARVALHO CALERO”.- Examinada a proposta que eleva a Comisión Informativa de Cultura, Educación, Turismo e Deportes, que textualmente di: “Con data 14 de decembro de 2007, a Comisión Informativa de Cultura dictaminou favorablemente elevar proposta ó Pleno para dirixirse á Real Academia Galega solicitando o recoñecemento de Ricardo Carvalho Calero para adicarlle o Día das Letras Galegas; do ano 2009. =Visto que esta persoa nacida en Ferrol o 30 de outubro de 1910, foi un filólogo e escritor galego, primeiro catedrático da Lingua e Literatura galega, considerado o gran pensador do reintegracionismo. Foi premio extraordinario coa súa tese de doutoramento “Aportaciones a la literatura gallega contemporánea”. Ten publicacións de POESÍA como Trinitarias, Vierios, La soledad confusa, etc. Colectáneas: como Pretérito Imperfecto, Cantigas de amigo e outros poemas, etc. Teatro, como catro pezas e Teatro Completo. Tamén publicou narrativa, como Xente da Barreira e Scorpio e ensayos como Historia da Literatura Galega Contemporánea, Gramática elemental del gallego común, da Fala e da Escrita, Do galego e da Galiza etc, etc.=En vista dos méritos anteriores recollidos na breve sinopse, a presidenta da Comisión Intormativa de Cultura, Educación, Turismo e Deportes, unha vez dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa referenciada proponlle ó Concello Pleno o seguinte: Dirixir á Real Academia Galega, proposta para adicar a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas do ano 2009.”

Previa deliberación, a Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos Sres./as. asistentes, acordou aprobar a proposta transcrita nos seus propios termos.

DELIBERACIÓN

SRA DÍAZ PÉREZ: En primeiro lugar, señor Alcalde, amosar o agradecemento á Fundación Artabria e a outras moitas asociacións culturais desta cidade, que foron as entidades que propuxeron xustamente esta iniciativa. A verdade é que falar de Ricardo Carvalho Calero na nosa cidade parece case innecesario, aínda así me gustaría facer un pequeño relatorio da importancia que tivo, non soamente para o mundo cultural do país senón para o mundo das letras, para o mundo do pensamento, en definitiva, xustamente para este futuro que hoxe é presente no noso país, xustamente, que é Galicia. E ademáis tendo en conta que moi cerca destos anos, moi perto do ano 2008, xustamente no 2010, vamos a ter que celebrar o centenario de, xustamente, un persoeiro dos grandes do conxunto do país. Como sabedes era un gran intelectual, profesor, polígrafo, cultivador de poesía, teatro, novela, ensaio literario, filolóxico, sociolingüístico, un brillante orador, era en definitiva, practicamente todo. Foi Primeira Cátedra da Lingua e da Literatura Galega, era un militante reintegracionista e ademáis penso que se destacaba pola súa ética e a súa dignidade. En definitiva, un representante do nacionalismo histórico no noso país. Fixo grandes obras, aportou grandes obras, como foi, por exemplo a Historia da Literatura Galega Contemporánea, pero son moitísimas as produccións que fixo a modo de manuais pero tamén a modo de poemarios, de ensaios, de teatro, xustamente para o noso país. Tivo a grandeza de chegar a ser Secretario Xeral do seminario de Estudos Galegos e tivo ademáis tamén a grandeza de formar parte con Lois Tobío, xustamente, da redacción do Anteproxecto de Estatuto de Galicia que como ben saben vostedes, quedou truncado xustamente pola Guerra Civil. Estivo condenado pola súa pertenza e pola súa incorporación ás milicias republicanas e despois destes anos pasados, despois de ter sido nomeado fillo predilecto de Ferrol, despois de ser fillo predilecto da Comunidade Autónoma de Galicia, do noso país, a verdade é que se bota en falta que se lle adique por fin o Día das Letras Galegas no vindeiro ano, xustamente a un grande persoeiro do país, do conxunto da cultura. Neste sentido é o traballo que se vai a facer, non soamente para facer esa achega á propia Academia Galega senón ademáis, señor Alcalde, intentaremos facer xustamente nestes anos unha serie de actos que non soamente nos lembren a figura de Ricardo Carvalho Calero senón que ademáis axude a construir culturalmente esta cidade, axude a mirar cara o futuro e ademáis nos fagamos moito máis cultos, moito máis fortes coas aportacións de Ricardo Carvalho Calero. Nese sentido pensamos que tamén é unha grande iniciativa e, repito, que lles damos o agradecemento a esas asociacións culturais que fixeron posible que hoxe esteamos tratando este tema na Corporación de Ferrol.

Sem comentários ainda

Horário de Abertura
- Segundas a sextas 10.00h-13.30h // 17.30h-feche
- Sextas e Sábados 18.00h-feche

A Associaçom Reintegracionista Artábria, nascida em 1992 em Narom, transformou-se em abril de 1998 em Fundaçom, inaugurando em setembro desse mesmo ano o seu Centro Social.

A Fundaçom Artábria está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o número de inscriçom 54 e CIF:G15645518.


Para saberes mais, lê a definiçom da Artábria na wikipédia + info

Busca

Ferramentas de administraçom

  Feeds XML

powered by b2evolution