« Apresentaçom do projeto comunicativo GalizaAnoCeroGaleria fotográfica da noite de cabaré com o Coletivo Tachán »

Marx no Soho - Versom em galego de Pepe Sendón o próximo 18 de julho

10-07-2013

  13:33:42, por artabria   , 514 palavras  
Categorias: Concertos

Marx no Soho - Versom em galego de Pepe Sendón o próximo 18 de julho

A próxima quinta-feira, 18 de julho, às 20.30h e com entrada de graça, Pepe Sendón representará no nosso Centro Social a adaptaçom galega de Marx no Soho.

A continuaçom reproduzimos, mantendo a gráfia original, a explicaçom que o autor nos fijo chegar.

Despois de moito protestar, un comité de ultratumba permítelle a Karl Marx volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Un erro burocrático provoca que o seu espírito apareza en Santiago, materializándose nun anónimo transeunte.Marx volve para limpar o seu nome e deixar as cousas claras. Vén disposto a falar das súas ideas e de como foron mal interpretadas. Da súa vida: persecución e desterro, penurias no Soho, traxedias familiares, libros, erros, debates sobre o que foi o comunismo, o que non foi e o que ha de ser. Moitas cousas que contar e pouco tempo para falar. Tempo abondo, aliás, para descubrir que entre a actual crise e os días que Marx viviu, a humanidade non cambiou tanto.

O Autor

Howard Zinn (1922 ? 2010) foi un escritor, historiador, profesor de ciencias políticas e activista norteamericano nacido en Brooklyn de emigrantes xudeus de clase traballadora chegados de Europa. A súa participación na II Guerra Mundial foi semente do seu posterior antimilitarismo. Participou activamente no Movemento de Dereitos Civís, contra as guerras de Vietnam e Iraq e é continuador da tradición socialista norteamericana. Autor de ducias de títulos sobre os dereitos civís, o antibelicismo e o movemento obreiro de Estados Unidos, a súa obra máis lembrada é ?A People's History of the United States?. ?Marx in Soho? foi a terceira e última obra teatral que escribiu.

A Obra

Howard Zinn escribiu ?Marx in Soho? en 1999 coa idea de perfilar a persoa antes que o mito. A peza é un monólogo (ás veces máis ben usoliloquio) que se centra na estadía de Marx no Soho londinense, onde chega escapado coa súa familia despois de ser expulsado de media Europa. Vive nun mísero apartamento de dous cuartos que aluga baixo un nome falso e non sempre pode pagar. Nesas penosas condicións, asiste á enfermidade da muller e á morte dun fillo tras doutro. Pero a loita diaria pola supervivencia non lle impide emprender, nun esforzo caótico e febril, a redacción da obra da súa vida: O Capital, unha análise crítica e científica da economía capitalista. Nesta peza teatral debúllanse as súas dúbidas sobre o resultado de tamaño esforzo, o apoio permanente do seu amigo Engels, as discusións cos colegas revolucionarios exiliados en Londres, a súa vida íntima como home de familia (a lealdade por Jenny, a súa esposa, a admiración por súa filla Leonor, as debilidades por Helena, a criada), as súas reflexións sobre os acontecementos da historia, mesmo do presente.

O resultado é unha nova visión de Marx, máis próxima ao home común que ao prometeo revolucionario. Un Marx que afirma: ?Eu non son marxista?. Concebida para ser escenificada sen ningún aparato escénico, Marx no Soho busca unha proximidade dialogante co público e é apta para ser presentada en calquera tipo de auditorio apto para a palabra. A duración da peza é de unha hora, aproximadamente.

Sem comentários ainda

Horário de Abertura
- Segundas a sextas 10.00h-13.30h // 17.30h-feche
- Sextas e Sábados 18.00h-feche

A Associaçom Reintegracionista Artábria, nascida em 1992 em Narom, transformou-se em abril de 1998 em Fundaçom, inaugurando em setembro desse mesmo ano o seu Centro Social.

A Fundaçom Artábria está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o número de inscriçom 54 e CIF:G15645518.


Para saberes mais, lê a definiçom da Artábria na wikipédia + info

Busca

Ferramentas de administraçom

  Feeds XML

powered by b2evolution free blog software