| « Neste mês das letras Fundaçom Artábria oferta variado programa de atividades | Programaçom da Fundaçom Artábria para o mês de abril » |
Hoje é 1 de abril, dia dos enganos e "vam os burros onde nom devem ir".
Mais info em: pt.wikipedia.org/wiki/Dia_da_mentira

A Fundación Artabria (antes Fundaçom Artábria) acordou en asemblea xeral celebrada a 27 de marzo o reformulamento da sua filosofia lingüística. Esta decisión foi tomada despois de ter constatado o escaso ou case nulo éxito das nosas iniciativas entre a poboación da cidade departamental, chegando a conclusión de que a ortografía era nunha grande medida un factor determinante nesas dificuldades para chegar á xente.
No sucesivo, as nosas comunicacións internas e externas, a nosa propaganda e todo o material que editemos (libros, cadernos, camisolas, etc...) será coa ortografía do ILG e, nas nosas actividades , evitaremos palabras que poidan dar lugar a pensar que concebimos a lingua galega como algo próximo ao portugués (fuxiremos de palabras como "obrigado", "copo", "carro" ou "sexta-feira"). Tamén quedarán suprimidos actos que viñan sendo tradicionais, como a homenaxe a Carballo Calero.
A nosa andaina polo rego do isolacionismo comezará axiña, cunha campaña subvencionada polo Concello de Ferrol que leva por lema "En Galego é mais riquiño e sobranceiro", e da cual adiantamos a imaxen grafica.
Ferrolterra, 1 de abril de 2016, "Dia dos Enganos"