Como todas e todos sabemos para por a andar o noso local social é preciso que sexamos un bo grupo de xente. Para isto poñemos á vosa disposición a ficha para asociarvos á Aturuxo. Simplemente tendes que enviar os seguintes datos ao correo da asociación:
Nome e apelidos______________________________
Teléfono:____________________________________
Correio electrónico:_________________________
Enderezo:____________________________________
Forma de pago das cotas:
En efectivo ou Domiciliación bancaria (enviar os datos)
Enviar a: localsocialbarbanza@gmail.com
Escrito às 14:13:41 nas castegorias: Novas, ACERCA DE NÓS
|
|

A sábado 24 de Febreiro constituíase oficialmente en Boiro a Asociación Aturuxo con un obxectivo fundamental: crear na Barbanza un local social.
A Asociación Cultural e xuvenil Aturuxo somos un grupo de persoas que traballamos para abrir un local social na Barbanza e para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e dinamización social ante a desgaleguización da zona na que vivimos, loitar contra as inxustizas sociais, contra a especulación...
É prioritario para nós:
-ser a ferramenta da veciñanza da Barbanza, de creación de cultura e de reconstrución da vida asociativa, en común e solidaria.
-defender os dereitos históricos que lle foron arrebatados ao noso país.
-defender os intereses do pobo galego.
-defender a terra e a natureza galega contra as actuacións agresivas que só benefician a unha minoría.

Participa!
Avante con Aturuxo!
Escrito às 13:58:34 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|