A sábado 24 de Febreiro constituíase oficialmente en Boiro a Asociación Aturuxo con un obxectivo fundamental: crear na Barbanza un local social.
A Asociación Cultural e xuvenil Aturuxo somos un grupo de persoas que traballamos para abrir un local social na Barbanza e para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e dinamización social ante a desgaleguización da zona na que vivimos, loitar contra as inxustizas sociais, contra a especulación...
É prioritario para nós:
-ser a ferramenta da veciñanza da Barbanza, de creación de cultura e de reconstrución da vida asociativa, en común e solidaria.
-defender os dereitos históricos que lle foron arrebatados ao noso país.
-defender os intereses do pobo galego.
-defender a terra e a natureza galega contra as actuacións agresivas que só benefician a unha minoría.
Participa!
Avante con Aturuxo!
Escrito ?s 13:58:34 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|
envia os teus datos para formar parte da Aturuxo a: localsocialbarbanza@gmail.com
Avente com Aturuxo!