O pasado Sábado 24 celebramos unha festa popular que constaba dunha mexilloada á hora de comer e un magosto pola tarde. Aquí tes unha completa reportaxe do día. Para ver máis crica na frecha-->
Cen quilos de mexillón, 40 de castañas, moitos litros de viño, cervexa e refresco, todo un día por diante... e moitas gañas e traballo!!
O acto comezaba á 1 do mediodía, pero para iso tivemos que traballar pola mañá a primeira hora.
Comezamos a traballar cedo montando as barras e preparando a comida, a bebida e decorando a praza.
E colgar as faixas e demais tivo o seu mérito...
A unha do mediodía comezamos a mexilloada e con ela foise achegando a xente.
Ó longo do dia repartimos máis de cen quilos de mexillón.
Ás oito da tarde a praza estaba abarrotada de xente gozando das castañas de balde, da bebida e da música e danza.
Pero claro, para que isto fose posible, alguén tivo que picar todas as castañas unha por unha...
Nenas pintando unha das numerosas faixas do día, esta concretamente recordándonos que o día de repulsa da violencia contra a muller é todos os días.
Veloces carreiras de sacos da man dos protagonistas da noite: @s cativ@s.
E carreiras de ovos tamén con participantes de todas as idades.
Desputadísimo tirón de corda entre membr@s de aturuxo e fortísim@s cativ@s.
Bailou o grupo de baile tradicional Xilbarbeira coa música do grupo A Volta do Monte.
Dende aturuxo queremos agradecer a toda a xente que colaborou con nós nesta e outras actividades e a toda a xente que se achegou ao acto.