Queremos infromarvos sobre todos os actos que imos ter neste mes, contamos con vós!
Sábado 1 de Marzo: Presentación da Revista Retranca, con Kiko da Silva. Director da publicación. Desde Marzo teremos a Retranca á venda no local.
Venres 7: Proxección do documental: Linguas Cruzadas, ás 20h. Faremos un debate ao rematar.
Sábado 8: Presentación do libro: A impostura e desorientación na normalización lingüística con X. M. Sarille, ás 20h.
Presentación do certame gráfico literario, Muller: visións presentes e futuras. Os dous actos celebranse en colaboración con Barbantia.
Venres 14: Presentación de: Made in Galiza con Sechu Sende (escritor) ás 20h.
Sábado 15: Cinema Infantil: Unha noite de San Xoan,ás 17.00,(flocos de millo de balde)
Concerto de: Sinefres (entrada de balde), ás 22h.
Venres 21: Proxección do documental: Fronteiras, ás 20h, ao rematar o documental teremos debate e cea (apontate antes do xoves 20)
Sábado 22: Cinema infantil: O bosque animado, ás 17.00 (flocos de millo de balde)
Concerto de Machina, ás 22h.
Venres 28: Festa Hortera!!!! con sangría e música dos 80, atrevete a vir disfrazad@!!!
Sábado 29: Proxección do documental: As encrobas: a ceo aberto, ás 20h.
Iremos ampliando a información asi que pechemos máis actividades, permanecede atent@s!!!