Co motivo do día da muller traballadora organizamos un certame gráfico-literario centrado sobre a muller. Para saber máis crica na ->
A asociación cultural Aturuxo, xunto con Nova Barbantia convoca o
certame gráfico e escrito MULLER, VISIÓN DE PRESENTE E DE FUTURO,
rexido polas seguintes bases:
-Poderán concorrer a el calquera alumna ou alumno de instituto.
-O prazo de entrega será até o dia 14 de maio nas conserxarías dos
centros ou no local de Aturuxo (rúa principal nº 118).
-O texto ou obra gráfica debe presentarse baixo un pseudónimo,
acompañado dun sobre co mesmo pseudónimo no exterior no que se
indique tamén a categoría, en cuxo interior figure o nome da ou do
participante, curso, e centro.
-Poden presentarse tanto obras gráficas (debuxo, pintura, fotografía...)
ou escritas, de calquera xénero (ensaio, poesía, narrativa...), en lingua
galega e en calquera normativa. Se se presenta unha obra literaria debe
ter entre 4500 e 3500 caracteres con espazos incluidos.
-Establecense dúas categorías:
-bacharelato
-ESO
-O premio será a publicación da obra por Barbantia no suplemento cultural "A Voz de Barbantia", ademais de senllos lotes de libros para os tres primeiros clasificados. Fárase unha exposición das obras no Local Social Aturuxo. O fallo darase a coñecer o día 24de maio, no Local Social Aturuxo, nun acto conxunto entre as duas organizacións.
-O xurado estará composto por dous membros de Barbantia e dous
membros de Aturuxo.
-A participación no certame supón a aceptación destas bases.
Escrito ?s 13:23:22 nas castegorias: CULTURA, Competiçoms
|
|