Está fin de semana teremos dous días adicados a loita do MST, no Brasil. Serán as actividades que poñan punto final á exposición que inaguramos fai un mes (tamén sobre o MST)
Venres 11 de Abril ás 20h:
Proxección e posterior debate do documentario: Terra.Sábado 12 de Abril ás 20h:
Charla con Eva Gil, activista de Amarante. Explicaranos a loita e organización do MST de primeira man, pois ela estivo nos acampamentos do Brasil.