Os días 25 e 26 de Abril desenvolveremos no local social unhas xornadas que nos serviran para saber a importancia que tivo a Revoluçao dos Cravos (Revolución dos Caraveis) para Portugal, e tamén a influencia que tivo na esquerda (portuguesa, galega e global), tamén se analisará como influeu no evoluir artistico portugues.
As/os que teñades a intención de asistir ao xantar portugues que celebraremos no local social o sábado 26 debedes enviar un correo (localsocialbarbanza@gmail.com) co teu nome e co prato principal escollido. O prezo é de 10? para soci@s e 15@ para persoas non socias, podedes recoller o bono-xantar no local.
Menú:
=>Entrada: pan con manteca salgada, presunto, croquetas.
=>Prato principal (a escoller un):
- Bacalhau á grelha. (asado)
- Frango asado. (polo asado)
=>Pan, vinho verde, auga.
=>Café, licores e postre.
(feito nun Restaurante)
Programa:
Venres 25 de Abril:
Ás 12h. Meteremos por rexistro do Concello de Boiro a petición formal de que en Boiro se adique unha rúa ao 25 de Abril (día da liberdade)
Ás 20h. Proxección do documentario: As armas e o povo. (Portugal, 1975), p/b 16/35 mm, 80 min, filme colectivo que retrata a primeira semana de revolução, cobrindo os acontecimentos do 25 de Abril ao 1º de Maio de 1974
Ás 21.45 Inaguración dunha exposición sobre o 25 de Abril.
Ás 22.00 Recital poético, con Carlos Figueiras.
Ás 23.30 Concerto de: Ataque Escampe
Sábado 26 de Abril:
Ás 11h. elaboración dun mural coa lenda: o povo é quem máis ordena.
Ás 14.00 xantar português (prezo: 10/15?)
Ás 18.00 charla: A influencia da Revoluçao dos Cravos na esquerda portuguesa, galega e mundial:
1. Joao Teixeira (ex deputado do Bloco de Esquerdas e candidato á alcaldía de Porto)
2. X. M. Beiras Torrado (lider histórico do nacionalismo galego e teórico da esquerda)
Ás 20.30 charla: A influencia da Revoluçao dos Cravos nas artes.
1. Carlos Figueiras (Profesor de Filoloxía Portuguesa)
2. Xavier Vilhar Trilho
Ao rematar a última conferencia tocarán: Mini e Mero
(prégase máxima difusión)
Escrito ?s 22:30:13 nas castegorias: Lingua, CULTURA, Jantares, Projecçom, Charlas, Concertos e música, Presentaçoms
|
|
ademais se 10 persoas ou máis queren ficar a durmir desde aturuxo afreceremos sitio para durmir, este servizo é gratuito
http://es.youtube.com/watch?v=h_D7nkUFVwc
Recén subido ao YouTube. En Portugal aínda hai moito nostálxico
Mais…. principalmente eu penso que esto demostra a ambición de Aturuxo e das suas masas pensantes.
Vamos máis!!!
pensei que estaba so, pero non e uma grande alegria o que estades facendo seguir a diante e uma perta
Olá:
Já de volta em casa e no trabalho… só me resta agradecer a hospitalidade e o trato à gente de Aturuxo e… como desfrutador das jornadas comentar que deram para falar e aprender da posta em comum das cousas (e da vida) durante e entre as actividades.
Parabéns pelo trabalho bem feito e pelo projecto de futuro:
carlos F