NOVIDADES!!
Ataque escampe tamén estarán no Sarabanduxa 08, tocarán o sábado 16.
Recordarvos que todas as persoas que queirades estades convidadas a participar do xantar popular que se celebrará o sábado 16 ás 14.30 na zona de concertos (aparcadeiro de Praia Xardín): mexillóns e empanadas variadas para tod@s de balde!
Anunciar tamén que o Noitebus terá unha parada ás portas do festival (ao carón do bar riazor) tanto o venres como a sábado, non tendes ningunha excusa!!
Escrito às 22:31:44 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|

Un ano máis volta o Sarabanduxa (está xa é a súa IV edición)as asociacións e colectivos do noso concello conseguimos sacar adiante colectivamente un festival para a mocidade da nosa comarca. Desde aturuxo parecenos case máis importante o proceso de organización do festival que o propio festival, pois é fundamental que os colectivos e asociacións do noso concello nos coñezamos e levemos adiante proxectos en común. Aínda que na comisión tivemos pontos de vista moi diferentes, un ano máis a mocidade de Boiro consegue sacar avante este festival!
Escrito às 21:56:06 nas castegorias: Concertos e música
|
|