
Un ano máis volta o Sarabanduxa (está xa é a súa IV edición)as asociacións e colectivos do noso concello conseguimos sacar adiante colectivamente un festival para a mocidade da nosa comarca. Desde aturuxo parecenos case máis importante o proceso de organización do festival que o propio festival, pois é fundamental que os colectivos e asociacións do noso concello nos coñezamos e levemos adiante proxectos en común. Aínda que na comisión tivemos pontos de vista moi diferentes, un ano máis a mocidade de Boiro consegue sacar avante este festival!
Escrito às 21:56:06 nas castegorias: Concertos e música
|
|