Sarabanduxa 08, 15 e 16 de Agosto! Duplo Som, Chotokoeu, Lamatumbá, 8 Ferrados, etc.

Sarabanduxa 08, 15 e 16 de Agosto! Duplo Som, Chotokoeu, Lamatumbá, 8 Ferrados, etc.

05-08-2008

Un ano máis volta o Sarabanduxa (está xa é a súa IV edición)as asociacións e colectivos do noso concello conseguimos sacar adiante colectivamente un festival para a mocidade da nosa comarca. Desde aturuxo parecenos case máis importante o proceso de organización do festival que o propio festival, pois é fundamental que os colectivos e asociacións do noso concello nos coñezamos e levemos adiante proxectos en común. Aínda que na comisión tivemos pontos de vista moi diferentes, un ano máis a mocidade de Boiro consegue sacar avante este festival!

As actividades son as seguintes:

Venres 15 de Agosto:

=>Chotokou,fusión
=>Duplo Son, fusión/funk
=>Som do Galpom, rap/funk
=>Lamatumbá, fusión/ska

Sábado 16:

=>8 Ferrados, hip hop
=>Belfast, rock
=>Ataque Escampe, rock de serie B
=>Jabon Blue, rock

----
e non só música....

Desde o venres 15 pola tardiña Aturuxo terá á disposición de todas as persoas que se acheguen unha barra e un posto de material/información.
O sábado desde a maña comezarán actividades para os nen@s e obradoiros para todas as persoas que se acheguen.
Na hora do xantar (arredor das 14.30) celebraremos un xantar popular organizado por aturuxo na zona do festival (aparcadeiro de Praia Xardín-Boiro) que constará dunha mexilloada e de empanadas (carne, atún e vexetais) participaran todos os colectivos e organizacións que participen do festival (tamén as que participen con postos na Mostra de Colectivos e asociacións), ficades tod@s convidad@s!
Na tarde o sábado 16 desenvolveranse diversas actividades e obradoiros: maquillaxe de entroido, coiro, marionetas, meioambiente e crachás, nos pintaremos un mural na zona de concertos. A xente do centro Quérote repartirá información e material afectivo sexual.
A partir as 19h. abrirán os postos dos colectivos e organizacións que participen da Mostra!
@s compañeir@s de Aturuxo atenderemos durante todo o día a barra e o posto de material!
Contamos con tod@s vos, non pode faltar ninguén!

Escrito ?s 21:56:06 nas castegorias: Concertos e música
por CS Aturujo   , 345 palavras, 569 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Abril 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30          

    Busca

    powered by b2evolution