O vindeiro sábado 27 de Setembro despidiremos o verán no noso local, e para iso teremos moitas e entretidas actividades...
Para @s soci@s de Aturuxo a xornada comezará cedo, pois decoraremos todo o local para a festa, podes pasarte e botarnos unha man!
A partir das 18h. teremos xogos para @s máis pequen@s: globloflexia, pintura, etc.
Ás 20h. xa poremos tapas de empanadas variadas e chourizos asados a prezos populares, tamén comezará a esta hora a animación musical con foliada e cantareiras...
Ás 23 comezará o espectacular karaoke cos videos máis coñecidos do Xabarin Clube!
@s que veñades vestid@s para a ocasión (traxe de baño, flotadores, etc) conseguiredes moitos agasallos de balde (cd´s de aturuxo, camisolas, crachás, etc)