A Asociación de discapacitados do Barbanza (AMBAR), proxectará este venres 7 e sábado 8 de Novembro, no Local Social Aturuxo unha serie de curtas. As proxeccións darán comezo os dous dias ás 20h.
Proxectaranse as cintas Mae, pae, filho e Espiral . O primeiro dos traballos é un documental brasileiro que narra a vida dunha familia formada por unha parella con diversidade funcional e o seu fillo. O segundo é unha curta sobre un espectáculo de rúa que se fixo en Madrid para chamar a atención sobre a discriminación á que se ven sometidas as persoas discapacitadas.
Animamos a todo o mundo a acudir ás proxeccións.
RECORDAR QUE NA MANHA DO SABADO 8 DE NOVEMBRO TEREMOS A PRESENTACION DO LIBRO: "OS EFECTOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE" AS 12H CON: MARIA DO CARMO GARCIA NEGRO.
CHARLA INFORMATIVA: QUE É, E POR QUE PARTICIPAR NO FORO SOCIAL GALEGO
Dirixida a movementos sociais e persoas a título individual
SÁBADO 8 de novembro, ás 17:30 horas, no Centro Social ATURUXO (Rúa Principal, nº118- Boiro)
Escrito ?s 16:44:03 nas castegorias: Novas
|
|