Ultima cita do Ciclo de cine Documental coa proxeccion de: Os espigadores e a espigadora o Venres 13, polas 22.30.

Ultima cita do Ciclo de cine Documental coa proxeccion de: Os espigadores e a espigadora o Venres 13, polas 22.30.

07-03-2009

Convidamos a tod@s para ver este interesantisimo documental, Venres 13 de Marzo as 22.30, le unha sinopse:

Por acá e por alá, en Francia, Agnès Varda (directora e cámara do proxecto) atopouse con espigadores, recolectores e xente que busca entre o lixo. Por necesidade, puramente por azar ou por obriga esta xente recolle obxectos desbotados pol@s outr@s. O seu mundo é sorprendente. Constitue un grande contraste co mundo dos espigadores de onte, das mulleres campesiñas que escañaban para conseguir os pequenos grans de trigo que ficaban despois da colleita. Patacas, mazás e outros alimentos desbotados, cousas sen dono, reloxos sen correa, televisores, xoguetes; este é o menú dos espigadores de hoxe.

Ademais está o discurso sobre a sociedade de consumo occidental. Ou mellor dito a sociedade de desperdicio consumista, xa que os espigadores aos que se fai referencia son os individuos (dos que a protagonista pasa a formar parte, e de aí ?a espigadora? do título) que viven, total ou parcialmente, das sobras de quen ten máis do que pode asnimilar ou necessitan. Alguns, por necesidade ou vontade propia, recollen a comida ciscada polo chan despois dun día de mercado, ou decoran o seu fogar co que para outros son cousas inútiles (como ese reloxo de mesa sen agullas que Varda leva para a casa). A mirada de tod@s el@s é curiosa e à vez cómplice, nunca compasiva, xa que non hai nada polo que sentir vengoña; polo contrario, é quen tira toneladas de patacas por ter un tamaño demasiado grande para o mercado, quen debería sentir vergoña.

O estilo mistura o realismo co poético e incluso certos apuntamentos de surrealismo; o lirismo co documental social. Revolucionaria sen ser un panfleto, a película conduce o seu discurso a través da reflexión e da suxerencia. Atopámonos dentro dun proceso de comprensión (da súa protagonista), non dun discurso formalizado. Por iso non se dá nada por suposto ou se presenta como umha obviedade, senón que as conclusións deben tirarse polo público.

O que temos esencialmente é un documento sobre a actualidade, como calquera produto cultural, pretendido ou non. Ao final todos nos explican algunha cousa, e todos o fan ao seu xeito, porque non hai dous produtos iguais. Tanto ten se é con actores ou con deseños animados, aínda que haxa quen prefira pensar que non é o mesmo.

Escrito ?s 20:57:40 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 408 palavras, 924 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Março 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31

    Busca

    open source blog software