Desde a asociación cultural Aturuxo queremos denunciar públicamente a violencia manifesta contra o noso local. A pasada noite do xoves ao venres a nosa vidriera foi destrozada tras unha agresión intencionada. As características deste ataque fan que sexa impensábel que sea resultado de ningún incidente casual.
Desde Aturuxo entendemos este ataque como unha agresión que vai máis alá, dirixida ao movemento dos centros sociais do que formamos parte e se está xermolando por todo o país. Os centros sociais son espazos autoxeridos, concebidos como lugar de intercambio e xeración de ideas e actividades, onde cada quen é totalmente libre de expresarse e actuar sen estar submetido a nengún tipo de coacción.
Entendemos a palabra, as actividades e calquera outra vía de diálogo social como o xeito de interaccionar e relacionarnos co noso contorno, por iso non comprendemos o porqué dun ataque así cara o noso local, espazo físico representativo da nosa asociación.
Cremos na defensa das ideas e as liberdades, mais sempre desde o respeto. Non poden permitirse agresións violentas contra os espazos de dinamización social, por iso pedimos intransixencia con este tipo de actos; rexeitemos estas actitudes,e no canto de destruir tentemos construir algo mellor entre toda a sociedade, erradicando estes actos de violencia gratuita.
Asemblea de Aturuxo.
Viva Aturuxo e o conxunto de centros sociais galegos!
Viva unha Galiza digna, orgullosa da sua cultura e dona do seu futuro.
Engadir que volvemos sufrir outro ataque na noite do sabado 25 ao domingo 26, tamen durante a noite, esto non esta recollido no comunicado da asemblea porque ainda non sucedera.
as fotos dos dous ataque en leia mais:
Ataque na noite do Sabado 25:
Escrito ?s 16:29:48 nas castegorias: Novas
|
|
animo a xente de aturuxo que facedes un traballo xenial
estes non poderan con todos nos
Animo fror da xuventude, loitade con á frente ven alta contra eses descerebrados energumenos e fascistas de bosta,non podran cos vos é xenerosos,nantes mortos ue escravos……..saudos nacionalistas
Por um Barbança livre, digno, solidário e em galego:
Ânimos e avante!
Amigos de Aturuxo
Não desanimem, sigam em frente sempre. “Incidentes” como esse que buscam a intimidação e o cerceamento da liberdade não devem surtir efeitos negativos.
Mantenham o ânimo e a disposição de seguir defendendo as idéias e principalmente a liberdade responsável.
Abraços do Brasil
ZeCarlos
Se o que queren é darnos máis traballo, que non se preocupen, que imos encher a Axenda de actividades, e canto menos queiran que fagamos, máis imos facer
O meu apoio dende Nebra. Ninguén ten dereito a coartarnos a liberdade de pensamento e opinión. Agardemos que pillen aos cobardes deste vil acto.
Coñecinvos faivos unhas semanas grazas aos amigos de Certo e os que queiran ver parte da labor que facedes, subín uns vídeos a miña Canle en youtube: Arben1312
Sorte compañeir@s.
Estes fascistas nenos de papà, que tentan voltar a èpocas sanguentas, son os mesmos que por vàrias zoas do concello fan pintadas nazis. Hai que denunciar cada unha das suas falcatruadas e que se investigue quen son, non serà moi complicado. Saudos e avante.
Non son máis que accións cheas de medo e cobardia, medo e cobardia cara un proxecto vivo e fresco que camiña. Medo e cobardia contra a xente.
O españolismo ten tras de si seculos cheos de medos, cobardias, violencia e moita ignorancia que trae consigo todas estas accións.
Camiñemos xuntos, con unidade e fagamos a nosa historia.
Viva o Aturuxo!
Viva Galiza Ceive!
Por um Barbança livre, digno, solidário e em galego:
Ânimos e avante!
Muito ânimo amigas e amigos do Aturujo. Todo o trabalho e vontade que tendes nom se apaga com duas pedras. Avante!
Já sabemos como são os anti-galegos: uns violentos. Vem-lhes de “raza"…
Ânimo e avante!!
Mimadrinha! O que faltava por ouvir! (perdom polo meu galego mas estou-no aprendendo a escrever). Vim a nova no espaço facebook de Sei o que nos figestes! Respondede-lhes com muitas mais actividades culturais! Que isso lhes fode!
ânimos e moita força!