Temos entradas á venda para o Reperkusion 09. 18, 19 e 20 de Setembro en Allariz.

Temos entradas á venda para o Reperkusion 09. 18, 19 e 20 de Setembro en Allariz.

24-08-2009

Podes adquirir entradas para o Reperkusion 09 (18, 19 e 20 de Setembro) no local social Aturuxo (r/Principal nº118 Boiro) pasate polo local ou envia un correo a: localsocialbarbanza@gmail.com

máis info. das bandas do Reperkusion 09:

A No Smoking Orchestra é unha banda creada na convulsionada Saraxevo de 1980 por Nelle Karajlic, quen orixinariamente pensaba facer daquela unha agrupación anarco-punk, pero sen olvidar nunca as súas raígames. Hoxe, a cabeza visible da banda é Emir Kusturica.

A Fanfare Ciocarlia, os rumanos, que xa fixeron vibrar ós asistentes a Reperkusión hai 3 anos, e son considerados coma un dos mellores concertos que pasaron polo festival; despois de triunfar por toda Europa con El tiempo de los gitanos e o seu espectáculo The Gypsy Queens & Kings, ós gañadores dos Worl Music Awards 2006 tráenos este ano os seus rapidísimos ritmos cíganos que meten o baile no corpo...

Con gañas de facer bailar a xente, unense a sección de metais coñecida coma Gigoletto Brass (vientos de Muchachito Bombo Infierno) ca electrónica fina de Ale Acosta (Mojo Project, Chambao, etc...) e a animación do percusionista Manelillo (La Kinky Beat, Trimelón de Naranjus, etc...). Xuntos pasan pola súa batidora de ritmos funk, latin, electro standards con clase que van dende Frank Sinatra a Manzanita. Todos eles se converten en GigoElectro Brass Band.

Funky Style Brass é un grupo Déjanté, nado as beiras do Garona, na cidade de Tulouse. Adictos de todos os xéneros musicais, da risa e sobre todo do freestyle, esta banda leda, de músicos tocados pola tolemia lles invita a compartir os seus delirios musicais, no esceario, na rúa, no autobús..

O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas que teñan moito aguante. Só os mellores aspirantes poderán pasa-las probas e ingresar na lexión festeira. Festicultores, os rumaníacos da festa rachada, os parrandeiros máis lexendarios da romaría dos últimos anos en Galiza, son os combatentes desta milicia tan especial.

Dende o verán do 2004 este pequeno carromato de músicos de rúa percorren a península.
Bodega Bodega, a 'autentica verbena sound', a verbena da noite, do barrio quente, o surrealismo musical o servizo do baile a altas horas da madrugada.

De repente chegas a un festival cheo de xente expectante e impaciente, nervos, os asistentes mirando o escenario e ¡comenza o espectáculo!, subidón, asombro e os corpos non poden estar sen bailar, miles de watios afinados e moitos músicos facendo festa, isto é A TUNA RASTAFARI (descarga de enerxía, posta en escea, un comando de xente nova con experiencia para facer vibrar, saltar e cantar).

Prepárense vostedes para sucumbir ós encantos dos homes sen medo, uns pintorescos á par que elegantes persoeiros que motivados polo seu voraz ego decidiron utilizar os seus coñecementos (son xente con estudos, algúns deles incluso musicais) para o deleite da plebe, paseantes, melómanos, festeiros? en definitiva, a chusma que non ten qué facer.

O VII Encontro de Malabare e Artes do Circo estará coordinado por PISTACINCO. A asociación que ven colaborando no festival dende a terceira edición daralle forma os obradoiros, campionatos, espectáculos de gorra, cabarés, etc.... que teremos nesta 7ª edición.

e ademáis:

- Dj Andyloop (Paisos Catalans) - Venres 18
- Dr Think (Galiza) - sabado 19
- Dj Mister&Txanprax (Euskal Herria) - Venres 18
- Dj Benas (Granada) - Domingo 20
- Atomic Dj´s (Galiza) - domingo 20
- Afrofunk Group (Galiza) - domingo 20
- Cé Orquestra Pantasma (Galiza) sábado 19
- beatmac (Madrid) - Sabado 19 e Domingo 20
- Arremecaghonas Producións (Galiza) Sabado 19
- Confussión (Madrid) - Sábado 19
- Magnifique Bande dos homes Sen Medo (Galiza)- Sábado 19
- Circo Psikario (Madrid)
- Roi Borrallas (Galiza)
- Títeres Alakrán (Galiza)
- Malandraxe (Galiza)
- Circo Asaco (Galiza)
- Circo Escarranchado (Galiza)
- Circampestres (Galiza)
- Imaginúnculas Animatas (Galiza)

Non se pode faltar!

Escrito ?s 22:34:05 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 672 palavras, 1330 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Setembro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30            

    Busca

    powered by b2evolution CMS