Sobre nós decidirmos nós, soberanía é democracia. Manifestacion Nacional Domingo 6 de Decembro ás 12h na Alameda de Compostela.

Sobre nós decidirmos nós, soberanía é democracia. Manifestacion Nacional Domingo 6 de Decembro ás 12h na Alameda de Compostela.

04-12-2009

Este domingo 6 de Decembro tod@s a Compostela a reivindicar noso elemental dereito á autodeterminación, a manifestación sairá ás 12h. da Alameda.

En aturuxo temos bonos á venda para o xantar, 12?, podes mercalos na barra do local.

Resumo dos actos deste domingo:

Manifestación nacional

A mobilización convocada por Causa Galiza por terceiro ano consecutivo en 6 de Decembro partirá ás 12 da mañá da Alameda de Compostela. A lexenda baixo a que centos de galegas e galegos esixiremos o dereito de autodeterminación para o País é Sobre nós decidirmos nós. Soberania é democracia. Causa Galiza cursou as preceptivas solicitudes e comunicacións ante a Delegación del Gobierno de España e as autoridades municipais de Compostela para que a masa social independentista e soberanista poda exercer en liberdade e sen coaccións policiais o seu dereito de reunión e manifestación, unha vez que no pasado, tanto en 6 de Decembro como en 25 de Xullo, a mobilización autodeterminista estivera submetida a unha intensa presión das FSE.

Xantar popular

A seguir da manifestación está programado un xantar popular baixo cuberto na Alameda de Compostela que se iniciará por volta das 15:00 h. Causa Galiza informa de que nas semanas prévias procederáse á venda de bonos de 12? nos centros sociais galegos para participar no xantar. A merca dos bonos convén facela antes de 6 de Decembro para que a organización prepare con tempo suficiente todos os aspectos relativos ao xantar popular. Alén de através dos centros sociais, pódese facer a merca contactando coas persoas, organizacións e colectivos que participan en Causa Galiza.

O xantar popular estará amenizado pola actuación de Homes sen Medo e a continuación proxectaráse un especial audiovisual do colectivo GZvídeos.

Concerto

A continuación, a partir das 19:30 h. celebraráse un concerto no que intervirán os grupos

Míni e Mero

Homes sen Medo

Leo e Arremecaghona

Ultraqans

Ataque Escampe

Traballamos nun presente de loita para construir un futuro noso.

Avante Causa Galiza!

Avante a loita pola autodeterminación!

Viva Galiza ceibe!

Escrito ?s 15:38:14 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 321 palavras, 583 visualizaçons     Chuza!

1 comentário

Comentário de: CARLOS CID [Visitante]  
CARLOS CID

desejo ter o vosso livro"manual galego de língua e estilo” e non tenho jeito de poder facelo.
Decíde-me onde podeo adequiri-lo ou se é posivel merca-lo por mediaçon vossa.
Obrigado.

04-12-2009 @ 22:36
    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Outubro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31      

    Busca

    powered by b2evolution free blog software