Á venda entradas para o Reperkusion 2010

Á venda entradas para o Reperkusion 2010

21-08-2010


(Clica na imaxe para vela máis grande!)

Desde esta semana temos á venda na barra do local social (r/ Principal nº118 Boiro) entradas para un dos mellores festivais que se fan no Pais, O REPERKUSION de Allariz.

VOLTA O REPERKUSIÓN DE ALLARIZ, UN ANO MÁIS, CHEO DE GRANDES ARTISTAS E MOITAS SORPRESAS.

Sargento García, O´Funk´illo, Os Diplomáticos de Montealto, Jarbanzo Negro, Nortec Collective ou a Funky Style Brass son algúns dos grupos que pasarán polos escearios e rúas de Allariz durante o 17,18 e 19 de Setembro, na que será a oitava edición do festival.

Nesta ocasión Reperkusión´10, o último festival do verán, estará baixo o paraugas do programa Galicia ao Vivo do Xacobeo´10, e outro ano máis na plataforma Galicia Escoita xa convertida nun referente do panorama festivaleiro galego, garantía dunha das citas máis esperadas do ano.

3 dias e 3 noites de Festicultura

Case 50 artistas chegados de distintas partes do mundo, compoñen o cartaz da 8ª edición do Reperkusión, distribuidos nos 3 días e 3 noites que dura a festa.
Concertos, circo, teatro de rúa, música de rúa, obradoiros, exposicións, mercaditos ou ecoloxía, son algunhas das actividades para tódolos públicos farán de Allariz un Mundo de Mundos.
Temos que destacar o Encontro de Malabares e Artes do Circo que chega a 8ª edición coma un dos encontros máis importantes da península e que atrae a xentes de moitisimos rincóns de Europa.

Venres 17:

A falta dalgunhas confirmacións o venres o cartel estará encabezado por O´Funk´illo, os extremeños voltan os escearios, despois de varios anos de parón, con máis forza que nunca. E estarán acompañados por duas bandas francesas: a Funky Style Brass, grandes triunfadores do Reperkusión 09, e Poutrelles Fever, que a pesares da súa xuventude prometen unha calidade e unha festa extraordinaria.
Para pechar as últimas horas, nesta edición contamos con Hilight tribe e Ojos de Brujo Sound System
A festa comenzará xa pola tarde ca presentación do VIII Encontro de Malabares e Artes do Circo, a apertura do mercadiño de artesanía e do esceario de gorra no casco antigo da vila.

Sábado 18:

O sabado abrese durante todo o día o recinto da praia fluvial da Acearrica onde se desenrolarán os obradoiros, os espectáculos de circo e música de rúa e todas as actividades principias do circo. Artistas coma Ce Orquestra Fantasma, Ringo Rango, The Fanfarrones ou La Acústicasesina amenizarán este espazo que conta tamen con mercadito e zona de comidas ata as 22:00 horas.

Xa pola noite, no recinto de Vilanova, Sargento García será o encargado de abrir o esceario, con un dos 2 únicos concertos que dará este ano en Europa. O artista francés presentará a súa fusión de ritmos latinos.
De seguido a reaparición dos Diplomáticos de Montealto; Os clásicos do Bravú celebran o seu 20 aniversario nun concerto especial e exclusivo da súa primeira formación e algúns convidados.
E coma colofón a esta volta atrás no tempo O Jarbanzo Neghro volvense xuntar para despedirse no que será seu último concerto en Galiza tamén rodeados de moitos amigos e sorpresas.

A noite rematará con Nortec Collective Presents: Bostich & Fusible, Os reputado colectivo de música electrónica achega este espectáculo por primeira vez a Galiza tras triunfar por medio mundo.

Domingo 19

A última xornada do festival desenrolase toda entre o casco antigo e a praia da Acearrica. Máis música e espectáculos, as finais do campionato de volei-mazas e a olimpiada de malabares darán paso os concertos ata ben entrada a madrugada. Neste día podemos destacar a presenza de artistas coma Chotokoeu, Nolinear ou GalegoZ. E o remate a gran festa do fin de festival ca súa barra libre ata fin de existencias.

Entradas
Case o 70 por cento das actividades do Repercusión son gratuitas, tan só será de pago o recinto de Vilanova onde se celebran os concertos da noite e os prezos son os seguintes:
Bono 3 días:
- Ata o 10 de setembro: 25 euros

- Na Billeteira: 35 euros
Entradas de 1 día (venres e sabado):
- Ata o 16 de Setembro: 18 euros
- Na Billeteira: 23 euros
Entrada Domingo:
- 5 euros na billeteira
As entradas estarán a venda polas canles habituais e coma novidade tamén na web do festival: www.reperkusion.com

Os Espazos

O Festival Reperkusión´10 desenrolase en 3 espazos diferentes e moi caracteristicos da fermosa e premiada vila de Allariz:
O Casco Histórico: Onde se levarán a cabo actividades de día coma mercadiños, espectáculas a gorra e pasarrúas

A Praia Fluvial Acearrica: Este espazo estará aberto durante o día dende as 12:00 ata as 22:00 e acollerá o Encontro de Malabares e Artes do Circo, Concertos, espectáculos variados e obradoiros para tódolos públicos.

O Complexo de Vilanova: Baixo unha carpa para máis de 5.000 persoas levaranse a cabo os concertos principais , é o único recinto non gratuito.

Escrito ?s 20:14:48 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 768 palavras, 695 visualizaçons     Chuza!

Sem comentários ainda

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Outubro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31      

    Busca

    blog soft