O obxectivo deste curso é o de favorecer o densenvolvemento creativo e a capacidade de elaboración dunha linguaxe escultórica alternativa, así como o de coñecer unha nova metodoloxía de traballo enmarcada na ?escultura ecolóxica?.
A metodoloxía terá un carácter aberto, participativo e práctico, onde se poderá experimentar e desenvolver a creatividade individual e grupal.
A actividade principal será a de elaboración dunha obra escultórica propia partindo de materiais recollidos directamente do lixo que á nosa natureza sofre .
Partes do curso:
- Modelado en barro dun deseño individual realizado por cada alumno ou alumna.
- Execución do molde en escaiola.
- Recollida de lixo en rios e praias da nosa zona.
- Limpeza e transformación do material recollido.
- Positivado final e pulido.
Como actividade final realizarase unha exposición colectiva chea de música en directo onde cada participante contribuirá cunha obra de propia elaboración.
Datos do Curso:
Data de incio: 30 abril
Horas totais do curso: 10horas
ta de finHorario: 1 día/semana de 2 horas de sesión.
Lugar de impartición: Aturuxo.
Data límite de matriculación: 23 de Abril
Custo: 30?
Impartido polo escultor Tucho Abalo.
TRANSFORMA O LIXO EN EXPRESION
Escrito ?s 11:31:48 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
|
|
¿Onde e en que horario podo matricularme?