Sechu Sende também veu polo nosso local coa súa nova obra "Made in Galiza". Pra ver as fotos crica no ->
Umha festa diferente, na que teremos música pra revivir os 80, calças de campá, peiteados afro e troula a esgalha! E sangría para @s que venhan ataviad@s para a ocasióm!
Escrito ?s 23:09:59 nas castegorias: Novas
|
|
Co motivo do día da muller traballadora organizamos un certame gráfico-literario centrado sobre a muller. Para saber máis crica na ->
Escrito ?s 13:23:22 nas castegorias: CULTURA, Competiçoms
|
|
Este venres 14 (Marzo) ás 20h. teremos no local social a presentación do último libro de Sechu Sende: Made in Galiza
O Sábado 15 proxectaremos o filme para nen@s: Soño dunha noite de San Xoán, @s nen@s terán flocos de millo de balde.
O concerto de Sinefres fica cancelado por problemas do grupo.
O sábado 8 de Marzo ás 20h. presentaremos o último ensanio de X.M. Sarille: A impostura e desorientación na normalización lingüística.
Na presentación estará o autor do libro, e teremos exemplares do libro para mercar.
Este venres 7 de Marzo ás 20h. visionaremos o documental: Linguas Cruzadas. Este documental dirixido por Maria Yañez analiza a situación sociolingüística de Galiza, nomeadamente entre a mocidade. Cando remate o documental teremos un pequeno debate. Asiste!!