Ciclo de Cinema: Irlanda un longo camiño.

21-04-2007

"Irlanda un longo camiño" con este nome dá comezo o noso primeiro ciclo de cinema, que como indica o seu título pretende afondar na historia de Irlanda. Principalmente na última etapa, na loita do pobo irlandés por unificar a sua nación. Este ciclo axudaranos a comprender a situación que aínda hoxe se vive neste pais. Os filmes serán proxectados no Pub Esmorga (Rúa Principal, Boiro) e serán os seguintes:

Full story »

Escrito ?s 15:00:57 nas castegorias: Projecçom
por CS Aturujo   , 119 palavras, 1068 visualizaçons     Chuza!
Coordenadora Galega de Roteiros organiza marcha polo Tambre

16-04-2007

Trás visitar o canhom do Sil, a Coordenadora Galega de Roteiros percorre outro rio emblemático do País. Será o fim de semana do 28 e 29 de Abril, e com o apoio logístico da Gentalha do Pichel e a associaçom noiesa Roi Soga de Lobeira, que se responsabilizam pola organizaçom. A ideia das e dos organizadores é conhecer 'umha das fragas atlánticas mais importantes do país', entre os concelhos de Negreira e Noia, e denunciar 'as agressons ambientais' aos rios e às rias. Nas jornadas também haverá lugar para a reivindicaçom.

Full story »

Escrito ?s 18:43:43 nas castegorias: Roteiros, Actividades de outros locais sociais
por CS Aturujo   , 281 palavras, 690 visualizaçons     Chuza!
Acordos da Asemblea Xeral

14-04-2007

Neste sábado 14 de Abril tiña lugar unha asemblea xeral da Aturuxo para resolver diferentes temas transcendentais para a nosa asociación. En primeiro lugar acordamos unanimemente a composición da Comisión Permanente e de cada unha das responsabilidades da asociación; quedaría así:
Coordenadora Xeral da Aturuxo: Charo Lópes.
Vice-coordenador: Xurxo Paz.
Responsábel da area de muller: Íria Gestoso.
Responsábel de cultura e lingua: Bea Bugalho.
Responsábel de finanzas: Roberto Videla.
Responsábel de meio ambiente: Antonio Brión.
Responsableis de comunicación: Miguel Torres e Anxo Resúa.

Full story »

Escrito ?s 23:34:48 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 193 palavras, 673 visualizaçons     Chuza!
Asemblea Xeral

14-04-2007

Este sábado 14 de Abril celebraremos unha asemblea xeral ás 17h. na Cafetaria Os Fornos 2. Coa seguinte orde de traballos:
1. Eleición das responsabilidades.
2. Organización:
2.1. Calendario de actividades.
2.2. Aluguer do local.
3. Varios.
Avante com Aturuxo!
Participa!

Escrito ?s 16:31:02 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 37 palavras, 264 visualizaçons     Chuza!
Asociate á cultura, asociate a Aturuxo.

09-04-2007

Como todas e todos sabemos para por a andar o noso local social é preciso que sexamos un bo grupo de xente. Para isto poñemos á vosa disposición a ficha para asociarvos á Aturuxo. Simplemente tendes que enviar os seguintes datos ao correo da asociación:
Nome e apelidos______________________________
Teléfono:____________________________________
Correio electrónico:_________________________
Enderezo:____________________________________
Forma de pago das cotas:
En efectivo ou Domiciliación bancaria (enviar os datos)

Enviar a: localsocialbarbanza@gmail.com

Full story »

Escrito ?s 14:13:41 nas castegorias: Novas, ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 76 palavras, 559 visualizaçons     Chuza!
Avante com Aturuxo!

09-04-2007

A sábado 24 de Febreiro constituíase oficialmente en Boiro a Asociación Aturuxo con un obxectivo fundamental: crear na Barbanza un local social.
A Asociación Cultural e xuvenil Aturuxo somos un grupo de persoas que traballamos para abrir un local social na Barbanza e para dinamizar o tecido asociativo e cultural. É un proxecto cuxos obxectivos son a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e dinamización social ante a desgaleguización da zona na que vivimos, loitar contra as inxustizas sociais, contra a especulación...

É prioritario para nós:
-ser a ferramenta da veciñanza da Barbanza, de creación de cultura e de reconstrución da vida asociativa, en común e solidaria.
-defender os dereitos históricos que lle foron arrebatados ao noso país.
-defender os intereses do pobo galego.
-defender a terra e a natureza galega contra as actuacións agresivas que só benefician a unha minoría.

Participa!
Avante con Aturuxo!

Escrito ?s 13:58:34 nas castegorias: ACERCA DE NÓS
por CS Aturujo   , 166 palavras, 351 visualizaçons     Chuza!

<< 1 ... 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Fevereiro 2025
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28    

    Busca

    multiple blogs