25 de Xullo: Día da Patria!

21-07-2009

Queremos convidar a toda xente da comarca da Barbanza e do resto do Pais a participar das mobilizacións e actividades que se levaran a cabo en Compostela para reivindicar unha Galiza con soberanía plena!

É importate que nos mobilicemos o maximo posibel neste 2009 no que a nosa lingua é atacada con ferocidade desde o españolismo máis rancio e antigalego. Xa desde o venres 24 de xullo a mocidade máis combativa ten organizadas actividades en diferentes puntos de Compostela.

Durante o 25 de Xullo é de vital importancia participar das mobilizacións que se sucederan pola maña para dar unha resposta masiva e contundente.

o Día da Patria Galega!
Viva Galiza ceive!

Escrito ?s 01:08:26 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 114 palavras, 1091 visualizaçons     Chuza!
Presentación de Quince Maios, polo 15 aniversario de Fia na Roca, este sábado 27 de xuño ás 21h. en aturuxo!

22-06-2009


Sábado 27 de Xuño ás 21h. en aturuxo (r/ Principal nº118)

non faltes!

Escrito ?s 02:41:40 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 14 palavras, 867 visualizaçons     Chuza!
Mercado de troco este sábado 27 de Xuño

20-06-2009

Escrito ?s 23:31:33 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 0 palavras, 438 visualizaçons     Chuza!
actividades desta semana! (proxección e presentación do libro: A perspectiva desde a porta, de Patricia A. Janeiro)

15-06-2009

Este xoves 18 de Xuño continuamos co ciclo de cinema arredor da historia de Irlanda coa proxección do filme: Michael Collins ás 21.30 no local social.

O venres 19 de Xuño ás 20.30 teremos a presentación do libro: A perspectiva desde a porta, contaremos coa presenza da sua autora: Patricia A. Janeiro.

info: contamos con dous ordenadores con acceso a internet para disposición de tod@s vós!

Escrito ?s 01:52:42 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 69 palavras, 556 visualizaçons     Chuza!
1º filme: O vento que axitaba a cebada

09-06-2009

Xoves 11 de Xuño ás 22h: O vento que axita a cebada (Ken Loach)

Sinopse:
A película trata a guerra de independència irlandesa (1919-1921) e a Guerra Civil Irlandesa que a vai seguir (1922-1923). O título orixinal é "The Wind That Shakes the Barley", fai referencia a un poema de Robert Dwyer Joyce, un autor irlandes do século XIX, que evoca a expedición de tropas francesas en Irlanda, que abriron outro frente de guerra contra Inglaterra en 1798.

A pelicula explica a hitoria dun pequeno grupo de activistas do Irish Republican Army e, en particular, de dous irmans; Damien e Teddy O´Donovan que nun principio estan unidos contra a ocupación britanica, e que se enfrontan despois.

Full story »

Escrito ?s 15:58:17 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 177 palavras, 497 visualizaçons     Chuza!
Irlanda: unha loita que continua.

02-06-2009

No mes de Xuño e na primeira semana do mes de Xullo proxectaremos 4 filmes sobre a historia irlandesa, que nos permitiran achegarnos a historia de loita deste pais.
Todas a proxeccion seran no noso local (r/Principal 118, Boiro) ás 22h.

Full story »

Escrito ?s 21:49:12 nas castegorias: Novas
por CS Aturujo   , 86 palavras, 1070 visualizaçons     Chuza!

<< 1 ... 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 ... 21 >>

    A asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo.

    Estamos na Rúa Principal, nº118

    Horario do local

    Venres:19:00-1:00h Sábado:17:00-3:00h

    localsocialbarbanza@gmail.com
    material Aturuxo
    Setembro 2024
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30            

    Busca

    multiple blogs